Mahadevi Varma, nada o 26 de marzo de 1907 en Farrukhabad e finada o 11 de setembro de 1987 en Alwa, foi unha activista e escritora india. Como poetisa en lingua hindi está considerada a "Meera moderna".[1]

Infotaula de personaMahadevi Varma

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hi) महादेवी वर्मा Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1907 Editar o valor em Wikidata
Farrukhabad district, India (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de setembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Prayagraj, India Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Allahabad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, Escrita creativa e profesional e ensaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoetisa , escritora , prosista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hindi Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu no seo dunha familia "kayastha" de avogados. Educouse en Jabalpur, casou na súa infacia, como era costume na época, con Swarup Narain Varma en Indore e quedou cos pais mentres o home estudaba en Lucknow. Ela completou a súa educación na Universidade de Allahabad, graduándose en sánscrito en 1933. Despois da morte do seu marido, en 1966, radicou en Allahabad e viviu alí ata a súa morte. Mahadevi foi directora do Allahabad (Prayag) Mahila Vidyapeeth, dedicado ao ensino de educación cultural e literaria a mozas en lingua hindi. Comezou a escribir poemas xunto con outra compañeira de escola, Subhadra Kumari Chauhan, enviándolles composicións a revistas literarias, que publicaron algúns dos seus poemas. Mahadevi está considerada unha poeta destacada do movemento Chhayavaadi [2](1914-1938) da literatura hindi , canda Suryakant Tripathi 'Nirala', Jaishankar Prasad e Sumitranandan Pant. Tamén escribiu relatos, como Gillu , Neelkanth ou Gaura ou a súa memoria da infancia, Mero Bachpan Ke Din.

  • Neehar (1930)
  • Rashmi (1932)
  • Neeraja (1934)
  • Sandhyageet (1936)
  • Deepshikha (1939)
  • Yarna (1940, colección de obras anteriores)
  • Pratham Aayam (1952, colección de poesías da súa mocidade)
  • Agnirekha (1990, póstumo)
  1. "Mahadevi Verme: Modern Meera". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2007. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  2. "Mahadevi Varma. Indian writer and activist". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2019.