Magda Torres Gurza

pintora mexicana


Magda Torres Gurza, nada en Cidade de México o 10 de maio de 1974, é unha pintora mexicana, dedicada principalmente ao hiperrealismo.

Infotaula de personaMagda Torres Gurza
Biografía
Nacementomaio de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata

Páxina webmagdatorresgurza.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: magdatorresgurza.oficial Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
La hora del té, Óleo sobre lenzo, 90x140 cm, 2015.

Primeiros anos editar

A súa nai pintora apoiouna para converterse en pintora. Debido a un grave accidente aos 18 anos, que ameazaba coa perda da visión, decidiu dedicarse de cheo ao traballo da pintura. [1]

Formación e recoñecementos editar

Comezou os seus estudos no Instituto Regional de Bellas Artes, onde obtivo unha Mención de Honra en 1993, o mesmo ano no que realizou a súa primeira exposición.

Cursou unha diplomatura en Historia da Arte, outra en Técnicas e Materiais para as Artes Plásticas e a licenciatura en Fotografía.

Entre 2002 e 2013, recibiu múltiples premios como artista e docente, como o do Consejo Nacional para la Cultura y las Artes e o da Casa-Museo David Alfaro Siqueiros.

Outras actividades editar

A través do seu traballo altruísta axudou a colectivos como os nenos da rúa ou pintores sen mans. En 2013 creou o proxecto “Artistas al Cubo”[2], conseguindo reunir a participación de máis de 550 artistas que transformaron cubos en obras de arte, levándoos á poxa para apoiar o tratamento de nenos con enfermidades terminais, como o cancro e a sida, atendidos no Hospital Infantil Morelense. Tamén en 2013 participou no proxecto Encorazona2,[3] en apoio a nenos con deficiencias visuais.

Selección de mostras individuais e colectivas editar

Selección de premios e distincións editar

Notas editar

  1. "Magda Torres Gurza." (en castelán). México, Morelos.: Etcetera. 10 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. 
  2. "Arte con Causa." (en castelán). México, Morelos.: Diario de Morelos. 8 de decembro de 2013. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  3. "Encorazonados Obras donadas con el corazón." (en castelán). Toluca, Estado de México.: El Sol de Toluca. 3 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. 
  4. "Magda Torres Gurza Entre el surrealismo y el hiperrealismo; lo mejor de dos mundos.". México, México.: Status. 28 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  5. "Información para tratamiento informativo sobre el día mundial del arte." (en castelán). México, Queretaro.: Diario Rotativo. 18 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 9 de julio de 2015. 
  6. "Celebran con exposición colectiva el día mundial del arte." (en castelán). México, México.: CONACULTA. 16 de abril de 2014. 
  7. "La artista Magda Torres sorprende por su forma de pintar." (en castelán). México: Televisa Foro TV. 26 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar