Mafalda Ivo Cruz
escritora portuguesa
Mafalda Ivo Cruz, nada en Lisboa en 1959[1], é unha escritora portuguesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Lisboa, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua portuguesa |
Traxectoria editar
Naceu nunha familia de músicos, rematou a carreira de piano no Conservatorio de Lisboa e dedicouse ao ensino en Lisboa e París. Volveu para traballar en Lisboa.[2]
Foi crítica literaria –no xornal Público entre os anos de 1999 e 2005- e tamén para o Expresso, Rodapé ou Colóquio/Letras.[3]
Esta autora ten un estilo de escrita, que prima pola deconstrución narrativa, o que a torna albo de críticas contraditorias e, por outro, as coloca bastante abaixo no ránking de preferencias do público.[4] Os seus escritos convocan ás artes: novela, conto, pintura, fotografía, danza ou teatro enchen o seu espazo escénico.[5]
Obras editar
- Um requiem português (1995). Editorial Presença. 196 páxs. ISBN 9789722316231.
- A casa do diabo, novela (2000). Dom Quixote. 294 páxs. ISBN 9789722018302.
- O rapaz de Boticelli (2002). Dpm Quixote. 260 páxs. ISBN 9789722018302.
- Vermelho (2003). Dom Quixote. 216 páxs. ISBN 9789722025454.
- Emma (2004). Cavalo de Ferro. 56 páxs. ISBN 9789728791285. Con deseño de Joana Villaverde.
- Oz, novela (2006). Dom Quixote. 198 páxs. ISBN 9789722029742.
- O cozinheiro alemão (2008). Relógio D'Água. 224 páxs. ISBN 9789896410575.
- Pequena Europa (2016). Mariposa Azual.[6]
Libros colectivos editar
- Vozes e olhares no feminino (2001). Ed. de Graça Sarsfield e Isabel Pires de Lima. Ed. Afrontamento. ISBN 9789723605600. Texto: Uma carta a Fátima.
- Contos Policiais (2008). Dulce Maria Cardoso, Francisco José Viegas, Gonçalo M. Tavares, Hélia Correia, Mafalda Ivo Cruz, Mário Cláudio, Ricardo Miguel Gomes, Rui Zink e Valter Hugo Mãe. Porto Editora. 160 páxs. ISBN 978-972-0-04149-4. Texto: A colina.
Premios[7] editar
- 2003: Premio PEN Clube portugués por O rapaz de Boticelli
- 2003: Grande Prémio de Romance e Novela da A.P.E. por Vermelho.
Notas editar
- ↑ Infopédia. "Mafalda Ivo Cruz - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-06.
- ↑ "Mafalda Ivo Cruz. Biografía". www.siruela.com (en castelán).
- ↑ Barros, Bruno Mazolini de; Canilha, Samla Borges (2018-06-04). "Literatura, violência e fúria plástica: entrevista com Mafalda Ivo Cruz". Abril – NEPA / UFF (en portugués) 10 (20): 201–206. ISSN 1984-2090.
- ↑ Cunha, Mónica (2004). Sucessos na literatura: regras, receitas e surpresas na literatura portuguesa contemporânea, Tese de mestrado, Teoria da literatura (en portugués). Universidade de Lisboa, Faculdade de Letras.
- ↑ "Mafalda Ivo Cruz". www.epdlp.com (en castelán). Consultado o 2020-04-05.
- ↑ Santos, Hugo Pinto. "Mafalda Ivo Cruz: “A Europa é um bocado um hospício a céu aberto”". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-05.
- ↑ Rato, Vanessa. "Grande Prémio APE para Mafalda Ivo Cruz". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-05.