Madre de Deus é un concello brasileiro do estado da Baía. Posúe unha área de 32 201 km², cunha poboación estimada en 2017 de 21 007 habitantes. O seu antigo nome era Ilha dos Cururupebas, en virtude do cacique tupinamba Cucurupeba que habitaba nesa illa e que após anos de resistencia, sucumbiu aos ataques dos colonizadores portugueses.

Modelo:Xeografía políticaMadre de Deus
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°44′27″S 38°37′15″O / -12.7408, -38.6208Coordenadas: 12°44′27″S 38°37′15″O / -12.7408, -38.6208
EstadoBrasil
Unidades da federaciónBahia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación18.504 (2022) Editar o valor em Wikidata (578,25 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie32 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porBaía de Todos-os-Santos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude1 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1990 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico71 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil2919926 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmadrededeus.ba.gov.br Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O concello está localizado nunha illa. A súa ligazón co continente é a través dos concellos de Candeias e São Francisco do Conde. Unha ponte construída no final dos anos cincuenta une a illa co continente, aínda que coa marea baixa é posíbel atravesar a pé dun lado ao outro. A illa sitúase na Baía de Todos os Santos, a maior do Brasil. O concello antes pertencía a Salvador e emancipouse nos anos oitenta. Alén do terminal marítimo de Petrobras, outras actividades son a pesca artesanal e o turismo, pois trátase da praia máis próxima da rexión. É unha rexión marcada por fortes agresións ecolóxicas, oriúndas da industria petrolífera, sendo relevantes na historia do concello os derramamentos de petróleo de 1992 e 1999.

Este concello está subdividido en dúas áreas: a Illa de Madre de Deus e a Illa de Maria Guarda. A Illa de Madre de Deus, á súa vez, divídese nos barrios do Centro, Suape, Cação, Marezinha, Mirim, Alto do Paraíso, Apicum, Nova Madre de Deus e Quitéria, Alto da Matriz, Alto do Santo Antônio, Alto da Boa Vista, Cururupeba, Malvinas e Nova Brasília.

Praias editar

Cultura editar

Deporte editar

 
Estadio Municipal de Madre de Deus

O concello é lar do club de fútbol Madre de Deus Sport Clube, fundado o 22 de xaneiro de 2002, que en 2008 venceu de forma invicta a Segunda División Baiana.

Entroido editar

O entroido de Madre de Deus é unha festa na rúa no que diversas persoas van detrás dun trío eléctrico. Existe a tradición de vestirse con fantasías que cobren o corpo enteiro, as chamadas "caretas".

Notas editar