Macrúridos

(Redirección desde «Macrouridae»)
Macrúridos

Caelorinchus caelorhincus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Gadiformes
Familia: Macrouridae
Gilbert & Hubbs, 1916
Subfamilias
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Macrouroididae Smith & Radcliffe, 1912
  • Coryphaenoididae Gilbert & Hubbs, 1916

A dos macrúridos (Macrouridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos gadiformes,[1][2] que son coñecidos vulgarmente como granadeiros, peixes rato ou ratos.[3][4]

Encóntranse entre os peixes máis comúns das zonas abisais e están presentes en todos os oceános do mundo.[5]

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1916 polos ictiólogos estadounidenses Charles Henry Gilbert e Carl Leavitt Hubbs.[1] Porén, algúns autores atribúenlle dita descrición, en 1831, ao naturalista francés Charles Lucien Bonaparte,[2] e outros aos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e Barton Warren Evermann, en 1898.[6]

Etimoloxía editar

O nome científico da familia, Macrouridae, está formado polos elementos do VCI macro- e -ur-, tirados do grego antigo μακρός makrós, "grande", e οὐρά ourá, "cola",[7] coa desinencia -idae, "semellantes", plural de -ideus e derivada do grego antigo ειδης eidēs, de είδος eídos, "aspecto", "aparencia", propia dos nomes das familias de animais. Literalmente: "os de cola grande".

Clasificación editar

A familia conta con numerosos xéneros con cerca de 400 especies, distibuídas en catro subfamilias:[1][2]

Familia Macrouridae Gilbert & Hubbs, 1916

En Galicia editar

En augas galegas están rexistradas, entre outras, as cinco especies seguintes:[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Macrouridae Gilbert and Hubbs, 1916 no ITIS.
  2. 2,0 2,1 2,2 Macrouridae Bonaparte, 1831 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-870-2, pp. 156-163.
  4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, pp. 95-98
  5. Nelson, Joseph S. (2006).
  6. Family Macrouridae Jordan and Evermann Arquivado 30 de decembro de 2016 en Wayback Machine. 1898 en Fossilworks.
  7. Family Macrouridae - Grenadiers or rattails en FishBase.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.