Nivel macroscópico
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Na física, o nivel macroscópico é o nivel de descrición no que a posición particular ou estado físico das partículas que compoñen un corpo pode ser resumida nunha ecuación de estado que inclúe só magnitudes extensas (volume, lonxitude, masa) e magnitudes intensivas (presión, temperatura). Normalmente, debido ao gran tamaño do sistema poden desprezarse os efectos cuánticos e pode usarse a física estatística e as leis de Newton como unha boa aproximación.
Ademais, a enerxía total do sistema pode ser considerada como unha magnitude continua, no canto de como unha magnitude cuantizada. Estendendo a definición fálase de obxecto fenómeno macroscópico cando as dimensións xeométricas ou a cantidade física supera un determinado tamaño. Normalmente, todos os obxectos visibles a simple vista son para todos os efectos macroscópicos, ao contrario dos obxectos microscópicos e fenómenos microscópicos non visibles a simple vista e onde a mecánica cuántica pode desempeñar un papel importante na súa descrición.