Macizo de Revolcadores

O Macizo de Revolcadores, que se encontra en Serra Seca, é o cume máis elevado da Rexión de Murcia, en España. Atópase no extremo oeste do municipio de Moratalla, xusto antes da Cuerda de la Gitana, cuxa divisoria -con cume na Peña de Moratalla, de 1.974 m- marca o límite co municipio de Nerpio e a provincia de Albacete. Ao sur encóntrase a pedanía de Cañada de la Cruz (1.290 m sobre o nivel do mar); ao leste, a de Inazares; e ao norte, o val da Rogativa e a serra de Villafuerte. Está declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC).

Cara sur do macizo.

Tradicionalmente considerouse que o pico de Revolcadores era o máis alto, con 2.027 metros de altura; pero nas medicións dos últimos mapas do SNIG (Servizo Nacional de Información Xeográfica de España) Revolcadores figura con 1.999 m e é un cumio do mesmo macizo, lixeiramente máis setentrional, o máis elevado: Los Obispos, con 2.015 m de altitude. Algo máis oriental, no mesmo macizo, atópase o pico de Los Odres, de 1.876 m.