Macapá
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
Macapá é a capital e o maior concello do Estado brasileiro do Amapá. É a única capital de estado brasileira que non ten ligazón por estrada con outras capitais de estado. Está a 345 km de Belém do Pará, percorridos en 40 minutos de avión ou de 20 a 24 horas de barco, nas liñas regulares que funcionan na rexión. Sitúase á marxe do brazo máis curto do río Amazonas no seu acceso ao mar.
Macapá | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Amapá | ||
Xeografía | |||
Altitude | 14 msnm | ||
Superficie | 6.407 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 415.554 hab. (2012) | ||
Densidade | 64,9 hab/km² | ||
Xentilicio | amapaense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 68900-xxx - 68909-xxx | ||
Alcalde | Clécio Luís (PSOL) (despois de 2013) | ||
Páxina oficial |
A orixe da toponimia é indíxena, do ramo lingüístico tupí, sendo unha corruptela do termo macapaba, que significa "lugar das bacabas, unha palmeira nativa da rexión. O primeiro nome da rexión, porén, en 1544, foi Adelantado de Nueva Andaluzia, dado polos españois. Pero a cidade orixinouse soamente despois da construción do Fortaleza de São José no século XVIII, para defender o acceso ao río Amazonas cando aquela rexión xa pertencía a Portugal. Algunhas construcións daquel século aínda permanecen na cidade.[1]
O sur da cidade é atravesado pola Liña do Ecuador. As principais actividades económicas da cidade son o comercio e os servizos. A industria creceu un pouco coa creación da Área de Livre Comércio de Macapá. O turismo ten gran potencial pola proximidade da Amazonia e ten unha boa infraestrutura, pero a distancia das grandes cidades brasileiras dificulta un crecemento moi acentuado desa actividade.[2]
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macapá |
Ligazóns externasEditar
- Prefeitura da Cidade de Macapá
- Cidade de Macapá informacións
- Diário do Amapá xornal da cidade.