macOS Sierra

macOS Sierra (versión 10.12) é a décimo terceira versión de macOS (anteriormente OS X), o sistema operativo de Apple Inc. para os seus ordenadores de escritorio, portátiles e servidores Macintosh. É a primeira versión do sistema operativo tras o cambio de denominación de OS X a macOS.

MacOS Sierra
MacOS Sierra wordmark.svg
DesenvolvedorApple Inc.
Familia de S.O.macOS
Lanzamento20 de setembro de 2016
En galegoX mark.svg
LicenzaAPSL
Última versión establemacOS Sierra v10.12 (16A323) 20 de setembro de 2016
Precedido porOS X El Capitan
Sitio webWeb oficial

Foi anunciada o 13 de xuño de 2016 durante a WWDC dese ano xunto coas novas versións dos outros sistemas operativos dos produtos de Apple (iOS 10 para iPhone e iPad, WatchOS 3 para Apple Watch e tvOS 10 para Apple TV). Foi lanzada oficialmente o 20 de setembro de 2016.

CaracterísticasEditar

Os principais cambios na versión 10.12 foron os seguintes:[1]

DeseñoEditar

A interface do sistema é practicamente idéntica á da versión anterior OS X El Capitan.

Inicio de sesiónEditar

O ordenador pódese desbloquear automaticamente cando o usuario está preto do mesmo e leve consigo un Apple Watch.

Portapapeis universalEditar

Desde esta versión existe un portapapeis único para todos os dispositivos de Apple que dispoña o usuario. A través da ferramenta que a compañía denominou Continuity, é posible copiar un texto no iPhone e pegalo nun documento no Mac, ou viceversa.

iCloudEditar

A nova funcionalidade que Apple engadiu a iCloud foi a de optimizar o almacenamento do Mac. O servizo garda as versións antigas dos documentos, versións orixinais de imaxes e automatiza os procesos de eliminación da caché no navegador Safari, co obxectivo de liberar espazo no disco duro.

Apple PayEditar

O servizo de pago móbil permitiu desde esta versión facer pagamentos a terceiros a través da web no Mac, utilizando como medio de autorización do pago o Touch ID do iPhone.

Picture in PictureEditar

Tras a súa inclusión nos IPad con iOS 9, está función chegou aos Mac. Durante a reprodución dun vídeo, se se preme o botón que o habilita, sepárase o vídeo da ventá na que se está reproducindo e créase unha ventá independente e flotante, que ademais se pode recolocar e redimensionar. Dita función tamén se pode utilizar cando o modo pantalla completa está activado.

PestanasEditar

Con esta versión o sistema de pestanas presente no navegador Safari esténdese ao resto de aplicacións, xa sexan nativas ou de terceiros, automaticamente. Desde agora, cando o usuario abre dúas ou máis ventás dunha mesma aplicación, en lugar de aparecer como ventás independentes, organízanse en pestanas.

SiriEditar

Con macOS Sierra o asistente virtual Siri chegou á única plataforma de Apple que lle faltaba. Para invocala existen, por unha parte un acceso no dock, e por outro, un na barra de menú superior á dereita da pantalla. Ademais de desfrutar das mesmas funcións que en iOS, con macOS, engádeselle a posibilidade de buscar ficheiros a través do Finder. O usuario pode interactuar cos resultados, podendo engadilos ao centro de notificacións en forma de Widget ou arrastrar nun documento as imaxes devoltas como resultado. Tamén se integrou con iTunes.

NotasEditar

  1. "macOS Sierra, resumen de sus principales novedades". Apple5x1. 13 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016.  (en castelán)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar