Maarten van Dulm

esgrimista neerlandés

Maarten Hendrik van Dulm, nado en Arnhem o 4 de agosto de 1879 e finado en Wassenaar o 25 de abril de 1949, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés.

Maarten van Dulm
Nacemento4 de agosto de 1879
Lugar de nacementoArnhem
Falecemento25 de abril de 1949
Lugar de falecementoWassenaar
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Ocupaciónesgrimista e oficial da armada
PremiosKnight of the Order of the Netherlands Lion, Commander of the Order of Orange-Nassau, Officers' Cross, Comendador de Ordem da Espada, Comendador da Ordem de Dannebrog e comendador da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1900 entrou na Mariña Real, entre 1919 e 1922 foi editor de Marineblad, publicación da Asociación Naval (asociación profesional de oficiais da Mariña Real). En 1924 acadou o rango de capitán tenente do mar [1] encomendándolle o mando do Hr. Ms. Java efectivo tras a súa botadura o 1 de maio de 1925. Posteriormente comandou o Hr. Ms. Van Speijk, o Hr. Ms. Jacob van Heemskerck e o Hr. Ms. Gelderland. En 1932 foi durante once meses Xefe de Estado Maior nas Indias Orientais Neerlandesas, despois do cal estivo ao mando da escuadra naval neerlandesa. Desde abril de 1934 ata marzo de 1936 comandou as forzas navais na Indias Orientais e foi xefe do Departamento de Mariña en Batavia. Tras retirarse do servizo activo foi nomeado en 1937 presidente do International Board for Non-Intervention in Spain establecido polo Comité Internacional de Non Intervención con sede en Londres. En 1939 encabezou unha misión neerlandesa nos Estados Unidos coa misión de establecer contactos para o fornecemento de material de guerra aos Países Baixos [2].

Grande esgrimista, participou nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928, logrando a medalla de bronce na proba de sabre por equipos en 1924. Era comendador da Orde de Orange-Nassau e cabaleiro da Orde do León Neerlandés.

Notas editar

  1. Rango da Mariña Real Neerlandesa equivalente a tenente coronel
  2. T. van Gent Het falen van de Nederlandse gewapende neutraliteit, september 1939 - mei 1940