Ma Chung-pei

Astrofísica e cosmóloga taiwanesa

Ma Chung-pei, (en chinés: 馬中珮), nada en Taiwán (República China) en 1966, é unha astrofísica e cosmóloga taiwanesa-estadounidense. É profesora de astronomía e física Judy Chandler Webb na Universidade de California en Berkeley. Dirixiu os equipos que descubriron varios dos buratos negros máis grandes coñecidos de 2011 a 2016.

Infotaula de personaMa Chung-pei
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Taiwán Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTaiwán Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Director de teseAlan Guth (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCosmoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrofísica , cosmólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley
Universidade de Pensilvania
Instituto Tecnolóxico de California Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoMichael Boylan-Kolchin (en) Traducir e Nicholas Mcconnell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Ma asistiu á escola secundaria superior de Taipei Municipal First Girls e gañou o Concurso Nacional de Violín de Taiwán en 1983.[1][2] Logo asistiu ao Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e recibiu a súa licenciatura en ciencias físicas en 1987. Durante os seus anos universitarios no MIT tomou clases de violín no Conservatorio de Música de Nova Inglaterra en Boston.[3] Obtivo un doutoramento en física do MIT en 1993. Estudou cosmoloxía teórica e física de partículas con Alan Guth e Edmund W. Bertschinger, os seus asesores de doutoramento.

De 1993 a 1996, obtivo unha bolsa posdoutoral no Instituto de Tecnoloxía de California. De 1996 a 2001 foi profesora asociada e asistente na Universidade de Pensilvania. Mentres estivo alí gañou o Premio Lindback ao ensino distinguido.[4] Converteuse en profesora de astronomía no Departamento de Astronomía da Universidade de Berkeley en 2001.

Os seus intereses de investigación son a estrutura a grande escala do universo, materia escura e a radiación de fondo cósmico de microondas.[3] Dirixiu o equipo que descubriu os buratos negros máis grandes coñecidos en 2011.[5][6]

É editora científica en cosmoloxía de The Astrophysical Journal.

Premios e recoñecementos editar

  • 1987 - Sociedade Phi Beta Kappa[3]
  • 1997 - Premio Annie Jump Cannon en Astronomía (American Astronomical Society)[3]
  • 1999 - Sloan Fellowship[7]
  • 2003 - Premio Maria Goeppert-Mayer (American Physical Society)[8]
  • 2009 - Membro da Sociedade Americana de Física
  • 2012 - Membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia
  • 2012 - Membro da Fundación Simons

Notas editar

  1. 石麗東 (17 de xaneiro de 2014). "震 動 全 球 天 文 學 界 的 馬 中 珮" (PDF) (en Chinese) (1212). p. 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de novembro de 2015. 
  2. "Chung-Pei Ma – 10th World Conference of Science Journalists, San Francisco 2017". wcsj2017.org. Consultado o 2020-06-17. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Leading physicist awarded US prize". 11 de abril de 2003. 
  4. "Current Faculty: Chung-Pei Ma". UC Berkeley Department of Astronomy. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  5. "Newly Discovered Black Holes Are Largest So Far". 15 de decembro de 2011. 
  6. Casanova, Publicado por Verónica. "Descubren los dos mayores agujeros negros" (en castelán). Consultado o 2020-06-17. 
  7. "More about Chung-Pei Ma". w.astro.berkeley.edu. Consultado o 2020-06-17. 
  8. "2003 Maria Goeppert Mayer Award Recipient". American Physical Society. Consultado o 22 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar