KK MZT Skopje

(Redirección desde «MZT Skopje»)

O KK MZT Skopje Aerodrom (en macedonio: КК МЗТ Скопје Аеродром) é un club de baloncesto profesional da cidade de Skopje, capital de Macedonia do Norte. Compite na MPL, máxima categoría do baloncesto macedonio, e na Segunda División da Liga do Adriático. O seu pavillón é o Jane Sandanski, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, aínda que tamén ten utilizado en competicións europeas o Sportski centar Boris Trajkovski,[1] recinto para 10.000 espectadores. O MZT Skopje conta nas súas vitrinas con doce títulos da Liga de Macedonia (seis da era iugoslava), nove Copas e tres Supercopas.

MZT Skopje
Información xeral
Nome КК МЗТ Скопје Аеродром
Liga MPL / ABA 2
Alcume Штркови (Cegoñas)
Металци (Metalúrxicos)
Fundación 9 de marzo de 1966
Historia KK Skopje (1966–1984)
Cores           Azul, branco
Presidente Macedonia do Norte Sasho Bossilkov
Adestrador Macedonia do Norte Gjorgji Kočov
Localización
Cidade Macedonia do Norte Skopje, Macedonia do Norte
Pavillón Sala Jane Sandanski
Capacidade 7.500
Inauguración Agosto de 2014
Campionatos
Liga 6 (2012–2017)
Liga R. M. 6 (1970−1974, 1979)
Copa 9 (1996−1997, 1999−2000, 2012−2014, 2016, 2018)
Supercopa 3 (2003, 2015−2016)
mztskopjeaerodrom.mk

Historia editar

O KK Skopje foi fundado o 9 de marzo de 1966 por un grupo de entusiastas do baloncesto encabezados polo primeiro presidente do club, Mile Melovski. Aínda que xa había catro clubs de baloncesto en Skopje, debido ao interese polo deporte da canastra, aínda había necesidade de máis clubs. Esa situación propiciou a aparición do novo equipo. Despois da súa creación, uníronse ao club moitos, que comezaron a adestrar nun campo aberto en Avtokomanda. O elenco do equipo foi o formado por Trpezanovski, Atanasovski, Strezovski, Lazarevski e Domlevski, que tamén era o adestrador do equipo. En tan só dous anos o club conseguiu ascender a primeira división da Liga de Macedonia. No seu primeiro ano de na máxima categoría Moita xente esperaba que o equipo descendese, mais finalmente consegiu converteuse nun membro habitual da liga.

En 1971 Uroš Maljković foi elixido para ser o novo presidente do club, mentres que Boris Sokolovski foi o novo adestrador. Despois da reorganización das ligas en Iugoslavia, o KK Skopje gañou o dereito a xogar na Segunda División Sur. Na primeira temporada nesta liga o equipo acabou no sétimo lugar. Na segunda temporada o equipo atinxe os play-offs polo ascenso á YUBA Liga, máis é eliminado na primeira fase. Posteriormente o equipo descende de novo á Liga rexional, sendo nomeado novo adestrador Taki Dzikov. En 1979 o equipo volve a quedar no primeiro posto da liga macedonia, conseguindo regresar á Segunda División iugoslava. Debido a este éxito, a empresa Metalski Zavod Tito comezou a investir no equipo. Coa chegada de MZT, Slobodan Mucunski, un dos principais dirixentes da compañía, converteuse no presidente do club. En 1984 constúese o novo pavillón Jane Sandanski no municipio de Aerodrom. Dous anos despois o club mudou o seu nome a MZT Skopje e baixo as ordes de Lazar Lečić conseguiu por fin o ascenso á YUBA Liga, alí competiron dúas temporadas.

Despois da independencia de Macedonia, o MZT Skopje converteuse inmediatamente nun dos principais clubs de baloncesto do país. A mediados dos anos 1990 o MZT tivo algúns bos momentos no ámbito europeo, sendo o máis memorable o da tempada 1996−97, cando o equipo xogou a Copa Saporta, onde venceu a equipos como o Real Madrid, o Benfica ou o Ratiopharm. Na Liga local, con todo, non consegiui grandes éxitos até o ano 20012, onde encadean até seis títulos de liga consecutivos. Desde a independencia do país, o club tan foi quen de gañar nove títulos de Copa e Tres supercopas, concerténdose así nun dos principais clubs do país.

Palmarés editar

  • Liga de Macedonia
    • Campións (6): 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017
    • Subcampións (7): 1993, 1996, 1998, 1999, 2001, 2004, 2018
  • Liga rexional de Macedonia (Iugoslavia)
    • Campións (6): 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1979
  • Copa de Macedonia
    • Campións (9): 1996, 1997, 1999, 2000, 2012, 2013, 2014, 2016, 2018
    • Subcampións (7): 1994, 1995, 2003, 2011
  • Supercopa de Macedonia
    • Campións (3): 2003, 2015, 2016
    • Subcampións (1): 2000

Notas editar

  1. "MZT Skopje Adriatic League". ABA Liga.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 07 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar