Hiten

Sonda luar xaponesa.
(Redirección desde «MUSES A»)

Hiten (nomeada así por un anxo budista), previamente denominado MUSES A, foi unha sonda lugar da axencia xaponesa ISAS (máis tarde integrada na actual JAXA) lanzada o 25 de xaneiro de 1990 mediante un foguete M-3SII desde o Centro Espacial de Uchinoura.[2][5][6]

Hiten / MUSES A
A sonda Hiten.
TipoCientífico
OrganizaciónISAS
Destino actualFóra de servizo
Data de lanzamento25 de xaneiro de 1990, 11:46 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorM-3SII[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2][6]
Obxectivo da misiónProbas tecnolóxicas e investigación lunar.[2][6]
Decaemento12 de abril de 1993[1]
NSSDC ID1990-007A
Masa143,0 kg[2][5][6]
DimensiónsForma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 0,8 m de alto[2]
Potencia110 vatios[2]

Características editar

Hiten foi unha sonda deseñada para facer probas de tecnoloxías asociadas coa exploración lunar e planetaria e sobrevoar a Lúa varias veces. A sonda levaba un subsatélite denominado Hagoromo (nomeado así polo velo que vestía o anxo Hiten) que foi soltado na veciñanza da Lúa. Hiten foi situado nunha órbita terrestre altamente elíptica que a facía sobrevoar a Lúa.[2][5]

Os obxectivos principais da misión foron probar o control da traxectoria da sonda mediante asistencias gravitatorias, inserir o subsatélite en órbita lunar, probar a navegación óptica nun satélite estabilizado mediante xiro, probar a tolerancia a fallos do ordenador de a bordo e da telemetría, experimentar coa aerofreada para chegar a órbitas próximas á Lúa e detectar e medir a velocidade e masa dos micrometeoroides. Adicionalmente se probou a inserir a Hiten nos puntos lagranianos L4 e L5 do sistema Terra-Lúa, logo a insertala en órbita lunar e máis tarde a estrelala contra a superficie da Lúa. Hiten foi a primeira sonda lunar lanzada polo Xapón.[2][5]

Hiten tiña forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 0,8 m de alto, con Hagoromo situado nun dos extremos. A masa do satélite, incluído propelente, era de 143 kg e a alimentación eléctrica era proporcionada polas células solares que recubrían as paredes do cilindro, dando ata 110 vatios de potencia, que podían almacenarse na batería de a bordo. A sonda estabilizábase mediante xiro, a entre 10 e 20,5 r.p.m. O control de actitude e a propulsión da nave corrían a cargo de oito propulsores de 23 N de pulo e catro de 3 N alimentados por hidracina. As comunicacións tiñan lugar grazas a un conxunto de antenas de media ganancia que transmitían tanto en banda X como en banda S.[1][3][6]

Hiten foi estrelada intencionadamente na superficie lunar o 10 de abril de 1993.[1][3][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HITEN (MUSES A)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (27 de marzo de 2013). "Hiten" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 20 June 1990 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (90-15632). 26 de xuño de 1990: 2. Consultado o 2 de maio de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Muses A / Hiten" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Muses A (Hiten)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Hiten" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar