Abrir o menú principal

MIME (Multipurpose Internet Mail Extensions, Extensións Multifunción para Mensaxes de Internet), son unha serie de convencións ou especificacións dirixidas a que se poidan intercambiar a través de Internet todo tipo de ficheiros (textos, sons, vídeos etc.) de forma transparente para o usuario, MIME actua convertendo os datos non-ASCII inseridos polo usuario, en datos ASCII, de forma que poidan ser transmitidos polo SMTP [1]. Unha parte importante do MIME está dedicada a mellorar as posibilidades de transferencia de texto en distintos idiomas e alfabetos.

En 1991 a IETF (Internet Engineering Task Force) comenzou a desenvolver esta norma e dende 1994 todas as extensións MIME están especificadas de forma detallada en diversos documentos oficiais dispoñibles en Internet (RFC 2045-2049).

Na actualidade ningún programa de correo electrónico ou navegador de Internet pode considerarse completo se non acepta MIME nas súas diferentes facetas (texto e formatos de ficheiro).

NotasEditar

  1. "S/MIME". Universidade Federal do Rio de Janeiro – UFRJ Verônica Taquette Vaz. Consultado o 11/11/2019.