MBV é o terceiro álbum de estudio da banda irlandesa de rock alternativo My Bloody Valentine, publicado o 2 de febreiro do 2013 a través do selo Pickpocket Records. Producido polo vocalista e guitarrista da banda Kevin Shields, MBV é o primeiro álbum do grupo con material orixinal dende o Loveless de 1991.

MBV
Álbum de My Bloody Valentine
Gravación1996-1997, 2007-2012
Duración46:37
Xénero(s)shoegazing
Selo(s)Pickpocket
Producido porKevin Shields
Cronoloxía
EP's 1988-1991 MBV -

Parte do disco foi gravado antes da separación de My Bloody Valentine en 1997, e gravacións adicionais realizáronse tras a reunión do 2007. A resposta da crítica a MBV foi positiva. Pitchfork Media situouno no posto 4 da súa lista dos mellores 50 álbums do ano 2013.[1] e en outubro de 2016 no número 14 da súa lista dos 50 mellores álbums de shoegaze de todos os tempos.[2]

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Kevin Shields.

  1. "She Found Now" – 5:06
  2. "Only Tomorrow" – 6:22
  3. "Who Sees You" – 6:12
  4. "Is This and Yes" – 5:07
  5. "If I Am" – 3:54
  6. "New You" – 4:59
  7. "In Another Way" – 5:31
  8. "Nothing Is" – 3:34
  9. "Wonder 2" – 5:52

Notas editar

  1. Pitchfork Media (ed.). "50 mellores álbums do 2013 para Pitchfork". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2014. 
  2. Pitchfork (ed.). "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time". Consultado o 24 de outubro de 2016.