Manuel Díaz y Díaz

lingüista e medievalista galego
(Redirección desde «M. Díaz y Díaz»)

Manuel Cecilio Díaz y Díaz, nado en Mugardos o 14 de agosto de 1924 e finado en Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 2008 foi un latinista e medievalista galego.

Infotaula de personaManuel Díaz y Díaz
Biografía
Nacemento(es) Manuel Cecilio Díaz y Díaz Editar o valor em Wikidata
14 de agosto de 1924 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de febreiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía clásica, Latin philology (en) Traducir, lingua latina e Idade Media Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncatedrático , escritor , filólogo , profesor universitario , medievalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAmable Veiga e Eva Castro Caridad Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Manuel Díaz de Bustamante Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 918799

Traxectoria editar

Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Madrid en 1945. Fixo o doutoramento en 1949, obtivo praza de catedrático de instituto e, despois, de catedrático de Filoloxía Latina nas Universidades de Valencia (1953-1956), Salamanca (1956-1968) e finalmente na Universidade de Santiago de Compostela dende 1968. Entre 1971 e 1974 foi director do Colexio Universitario de Lugo. Membro da sección de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega polo Instituto de Estudos Xacobeos dende 1991, investigou sobre todo o latín medieval. Era especialista en lingua e literatura latinas e en numerosos aspectos do mundo medieval (literatura, Cristianismo, Codicoloxía o Paleografía, entre outros). Casou con Joaquina de Bustamante e tivo cinco fillos, entre eles o filólogo José Manuel Díaz de Bustamante.

Os seus traballos abarcan todas as materias relacionadas coa Idade Media española: desde o estudo da cultura libresca visigoda, ata os inicios da cronística do Reino de Asturias. Foi mestre e mentor de toda unha xeración de historiadores e filólogos. Entre os seus discípulos figuran Santiago Jiménez, Fernando López Alsina e Mercedes Brea.

Foi o primeiro presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario en Galicia (ACSUG).

Recoñecementos editar

Recibiu en 1979 a Medalla ao Mérito Docente da Orde de Afonso X o Sabio, e en 1997, o Premio Nacional de Investigación Ramón Menéndez Pidal; en 2003, o sétimo premio do Grupo Compostela, de universidades de toda Europa. Foi doutor honoris causa polas Universidades Clásica de Lisboa (1980), Salamanca (1993), Coímbra (2002) e León. En 1991 recibiu a medalla de Prata de Galicia, e en 1994 o Concello de Santiago outorgoulle a Medalla de Ouro ao mérito cultural. O Grupo Compostela de Universidades concedeulle en 2003 o VII Premio Internacional Compostela-Xunta de Galicia. Foi académico correspondente da Academia de Ciencias de Lisboa.

Obras editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar