M-100 foi un foguete sonda soviético de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por dúas etapas.[1]

M-100
país de orixeUnión Soviética[1]
Tamaño
altura8,34 m[1]
diámetro0,25 m máximo[1]
masa475 kg[1]
Etapas2[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
editar datos en Wikidata ]

Características editar

M-100 foi o foguete sonda máis lanzado da Historia, estimándose que se lanzaron unhas 6640 unidades entre 1957 e 1993, ano en que debido ao afundimento da Unión Soviética deixou de usarse. O foguete non tiña sistema de guiado e estabilizábase mediante aletas. A versión básica podía levar 15 kg de carga a unha altura de 90 km. Tiña unha lonxitude de 8,34 m, un diámetro de 25 cm e unha masa total de 475 kg. Usábase para facer medicións meteorolóxicas. Unha versión mellorada, o M-100B, foi usado conxuntamente con foguetes americanos Super Loki-Dart, británicos Skua e franceses Super Arcas para calibrarse mutuamente e integrarse na Rede Mundial de Foguetes Meteorolóxicos.[1]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Mark Wade (2011). "M-100" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2020.