Mīrābāī
Mīrābāī ou Mirabai[1] (en devanágari मीराबाई), nada en Kudki (Rajasthan) en 1498 e finada en Dwarka en 1546, foi unha poeta mística hindú do movemento Bhakti. Ela referíase a deus, a quen vía como o seu marido, con diferentes nomes como Satguru, Prabhu Ji, Girdhar Nagar ou Krishna. Debido aos celos, a súa familia política non aprobaba que cantase e bailase publicamente porque pertencía á familia real de Mewarh e era princesa, mais amaba demasiado ao seu deus e sacrificou todo, mesmo a súa familia, por el. É unha venerada santa Bhakti, especialmente na tradición hindú do norte da India.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1498 Merta City, India (pt) |
Morte | 1546 (Gregoriano) (47/48 anos) Dwarka, India (pt) |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Relixión | Hinduísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, literatura, Vishnuísmo e Bhakti movement (en) |
Ocupación | poetisa, escritora, mística |
Período de actividade | 1516 (Gregoriano) - 1546 (Gregoriano) |
Movemento | Bhakti movement (en) e Vishnuísmo |
Outro | |
Título | Princesa |
Familia | Rathore (en) |
Cónxuxe | Bhoj Raj |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Q24471862 Asian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today |
Mīrābāī naceu na familia real de Merta, en Rajasthan. É mencionada en Bhaktamal, confirmando que era unha figura amplamente coñecida e valorada na cultura do século XVII.[4] A maioría das lenda sobre Mīrābāī mencionan a desconsideración das convencións sociais e familiares, a súa devoción a Krishna e a súa persecución pola súa familia política a causa da súa devoción.[4][5] Moitos contos e lendas haxiográficas tratan sobre ela, de forma que son inconsistentes entre elas ou moi diferentes nos detalles.[5][6]
Templos hindús como o de Chittorgarh están dedicados á súa memoria[5] e as lendas sobre a súa vida foron obxecto de filmes, bandas deseñadas e outras obras populares.[7]
Traxectoria
editarNon existen documentos auténticos sobre Mīrābāī, polo que os estudosos estableceron a súa biografía a través de fontes secundarias que a mencionan. Naceu en Kudki, unha aldea preto de Merta, actualmente no distrito Pali. O seu pai era Ratan Singh, descendente de Rao Rathor (fundador de Jodhpur). Cando tiña tres anos de idade, un sadhu chegou ao seu fogar e deulle ao seu pai unha figura do deus Krishna. O seu pai considerouno unha bendición especial e instalou a deidade no altar familiar. Mīrābāī quedou profundamente apegada a esa imaxe e negouse a comer ata que a deidade lle foi entregada. Comezou a vivir para a súa figura de Krishna, vestíao e comía só a comida que antes lle ofrecera nun prato. Resolveu converter a Krishna no seu único amigo, amante e esposo. Ao longo da súa turbulenta vida, nunca esqueceu esta relación coa figura.
Os seus pais casárona con Bhoj Raj, príncipe de Mewar, en 1516,[8][9] mais o seu esposo foi ferido nunha das guerras entre hindús e musulmáns no sultanato de Delhi en 1518 e faleceu polas feridas da batalla en 1521. O seu pai e o seu sogro foron asasinados algúns anos despois do seu home,[5] durante unha guerra contra o exército islámico de Babur, fundador do imperio Mughal no subcontinente indio.[10][11]
Trala morte do seu sogro, Vikram Singh converteuse no gobernante de Mewar. Segundo unha lenda popular, a súa familia política intentara moitas veces executala, enviándolle un vaso de veleno que lle dicían que era néctar ou enviándolle unha cesta cunha serpe en lugar de flores.[1][8] De acorda ás lendas haxiográficas, non foi ferida en ningún dos casos, coa serpe converténdose milagrosamente nunha imaxe de Krishna (ou nunha grilanda de flores dependendo da versión).[6][8] Noutra versión da lenda, Vikram Singh pídelle que se afogue ela mesma, o que ela intenta, mais aparece aboiando na auga.[12] Outra lenda afirma que o emperador mongol Akbar chegou con Tansen para visitala e agasallouna cun colar de perlas, mais os estudosos dubidan deste feito xa que Tansen entrou na corte de Akbar en 1562, quince anos despois da morte de Mīrābāī.[12] Tamén hai historias que din que Ravidas foi o seu gurú (mestre), mais tampouco hai evidencia histórica e a diferenza de cen anos entre as súas datas de nacemento suxiren que foi imposible.[12]
Outras historias afirman que Mīrābāī deixou o reino de Mewar e dedicouse á peregrinación. Nos seus últimos anos viviu en Dwarka ou Vrindavan, onde as lendas contan que desapareceu milagrosamente fundíndose cunha imaxe de Krishna en 1547.[1][5] A pesar de que os milagres son discutidos polos estudosos pola falta de evidencia histórica, é recoñecido que Mīrābāīdedicou a súa vida a Krishna, compoñendo cánticos de devoción, unha ocupación pouco ortodoxa para unha viúva, que na India eran profundamente desprezadas, e foi unha das máis importantes santos poetas do movemento Bhakti.[1][12][13]
Obra
editarAtribúense a Mīrābāī miles de poemas e loas apaixonadas a Krishna, mais os estudosos só cren que uns centos deles son auténticos, e os rexistros máis antigos suxiren que agás dous poemas, a maioría foron escritos no século XVIII.[14] Moitos poemas atribuídos a ela foron posiblemente compostos máis tarde por admiradores seus. Coñécense popularmente como bhajans, e son populares na India.[15]
Na cultura popular
editarO compositor John Harbison adaptou as traducións de Bly de Mirabai Songs. Existe un documental titulado A Few Things I Know About Her, dirixido por Anjali Panjabi,[16] e dous coñecidos filmes realizados na India, Meera (1945), filme en lingua támil protagonizado por M. S. Subbulakshmi, e Meera (1979), filme en hindi de Gulzar. A serie Meera (2009–2010) tamén está baseado na súa vida.
A vida de Mīrābāī tamén se describe en Meera—The Lover…, álbum musical baseado en composicións orixinais para bhajans, estreado o 11 de outubro de 2009.[17]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mira Bai". Encyclopædia Britannica.
- ↑ Karen Pechelis (2004), The Graceful Guru, Oxford University Press, ISBN 978-0195145373, páxinas 21-23, 29-30
- ↑ Neeti Sadarangani (2004), Bhakti Poetry in Medieval India: Its Inception, Cultural Encounter and Impact, Sarup & Sons, ISBN 978-8176254366, páxinas 76-80
- ↑ 4,0 4,1 Catherine Asher and Cynthia Talbot (2006), India before Europe, Cambridge University Press, ISBN 978-0521809047, páxina 109
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Usha Nilsson (1997), Mira bai, Sahitya Akademi, ISBN 978-8126004119, páxinas 1-15
- ↑ 6,0 6,1 Nancy Martin-Kershaw (2014), Faces of the Feminine in Ancient, Medieval, and Modern India (Editor: Mandakranta Bose), Oxford University Press, ISBN 978-0195352771, páxinas 162-178
- ↑ Edwin Bryant (2007), Krishna: A Sourcebook, Oxford University Press, ISBN 978-0195148923, páxina 242
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Usha Nilsson (1997), Mira bai, Sahitya Akademi, ISBN 978-8126004119, pages 12-13
- ↑ Nancy Martin-Kershaw (2014), Faces of the Feminine in Ancient, Medieval, and Modern India (Editor: Mandakranta Bose), Oxford University Press, ISBN 978-0195352771, page 165
- ↑ David Kinsley (1997), Tradition and Modernity in Bhakti Movements (Editor: J Lele), Brill Academic, ISBN 978-9004063709, pages 88-89
- ↑ SR Bakshi (2002), Mirabai: Saints of India, Criterion, ISBN 978-8179380239, páxinas 42-45, 282-283
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Usha Nilsson (1997), Mira bai, Sahitya Akademi, ISBN 978-8126004119, páxinas 16-17
- ↑ John S Hawley (2005), Three Bhakti Voices: Mirabai, Surdas and Kabir in Their Times and Ours, Oxford University Press, ISBN 978-0195670851, páxina 128-130
- ↑ John Stratton Hawley (2002), Asceticism (Editors: Vincent Wimbush, Richard Valantasi), Oxford University Press, ISBN 978-0195151381, páxinas 301-302
- ↑ Edwin Bryant (2007), Krishna: A Sourcebook, Oxford University Press, ISBN 978-0195148923, páxina 254
- ↑ "Legend of Mira Bai retold by Anjali Panjabi". The Times of India. 4 de outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 08 de agosto de 2018.
- ↑ Vandana Vishwas: Home
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mīrābāī |
Bibliografía
editar- BLY, Robert e HIRSHFIELD, Jane: Mīrābāī: ecstatic poems. Boston (Estados Unidos de América), 2004.
- LEVI, Louise Landes: Sweet on my lips: the love poems of Mirabai. Nova York, 1997.
Ligazóns externas
editar- Mīrābāī and Her Contributions to the Bhakti Movement, S. M. Pandey and Norman Zide (1965), History of Religions, Vol. 5, No. 1, páxinas 54–73
- Mirabai in Rajasthan, Parita Mukta (1989)
- Feminist and Non-Western Perspectives in the Music Theory Classroom: A Study of John Harbison's "Mirabai Songs, Amy Carr-Richardson (2002), College Music Symposium, Vol. 42, páxinas 20–36
- Without Kṛṣṇa There Is No Song, David Kinsley (1972), History of Religions, Vol. 12, No. 2, páxinas 149-180
- "By the Sweetness of the Tongue": Duty, Destiny, and Devotion in the Oral Life Narratives of Female Sādhus in Rajasthan, Antoinette E. DeNapoli (2009), Asian Ethnology, Vol. 68, No. 1, páxinas 81–109