Música de O detective Conan

Para interpretar os diferentes temas do anime os responsables da serie levan contratando dende os seus inicios a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Estes son os temas na súa versión galega[1] e os capítulos nos que soan:

Inicio editar

  • 1. "Mune ga doki doki" [O corazón guíame con paixón] de The High-Lows. (Eps. 1-54).

"Un cento de anos pasou,
o século chega a súa fin.
Un cento de anos pasou,
mandáronme chorar e eu rin.
..."

NOTA: Desta canción, produciuse unha versión máis longa emitida en forma de videoclip no Xabarín Club.

  • 2. "Feel your heart" [Sente o teu corazón] de Velvet Garden.
(Non hai versión galega deste tema).
  • 3. "Nazo" [Misterio] de Miho Komatsu. (Eps. 55-102).

"Neste mundo só teño un desexo eu,
o teu amor sincero.
Sempre en min aquela luz brillará,
dime que por fin, ah, ah, ah,
o misterio resolto está.
..."

  • 4. "Unmei no roulette o mawashite" [A roda do azar] de ZARD. (Eps. 103-130).

"Vira ó arredor
desta roda do azar.
Saes ti,
quedo pampa ó verte.
Porque a pesar de todo
sen ti non sei ser feliz.
..."

  • 5. "Truth" [Verdade] de Two-Mix. (Eps. 131-171 e 174-179).

"Busca a verdade e o amor.
O soño que está oculto
nesa mirada túa.
Busca a verdade e o amor.
..."

  • 6. "Giri giri chop" [Corte ó límite] de B'z. (172-173 versión xaponesa subtitulada ó galego).

"Por moita revista que lea,
non atopo nada.
Desmoralízome.
Non hai roupa que me preste.
A cor de moda da fin do mundo.
..."

  • 7. "Mysterious eyes" [Ollos misteriosos] de Garnet Crow. (Eps. 170-219).

"Que ti e mais eu
sexamos distintos é natural.
En ideas, en gustos
e estilos non coincidimos.
Nada é igual.
..."

  • 8. "Koi wa, thrill, shock, suspense" [O amor é emoción, descarga, suspense] de Rina Aiuchi. (Eps. 220-249).

"Amor, thrill, shock, suspense
e non hai demo que o entenda.
É un poder que che espreme
o corazón, corazón.
Fágoche mal non porque queira,
alguén un día me tratou así.
..."

  • 9. "Destiny" [Destino] de Miki Matsuhashi. (Eps. 250-277).

"Something's just not right.
Que lle queres? Éche o que hai.
Se a mentirche me afixen,
e hoxe fake your eyes.
..."

  • 10. "Winter Bells" [Campás de inverno] de Mai Kuraki. (Eps. 278-292).

"Cando estou contigo a soas,
de dicircho non son quen.
Un bico fugaz que entre nós o tempo detén,
pero aínda eu need your love tonight.
..."

  • 11. "I can't stop my love for you" [Non podo frear o meu amor por ti] de Rina Aiuchi. (Eps. 293-331).

"I can't stop my love for you.
Sempre a planear un futuro prós dous
coma se existise un lugar que espera por nós.
Oh, baby! I can't stop my love for you.
..."

  • 12. "Kaze No Rarara" [O lalalá do vento] de Mai Kuraki. (Eps. 332-3??).

"Coa brisa do mar,
chega a min o teu alento.
Este corazón, co teu desexo que se arrima,
ao pé do meu fan un.
..."

  • 13. "Kimi to yakusoku shita yasashii ano basho made" [Ata aquel fermoso lugar que che prometín] de Uka Saegusa. (Eps. 3??-3??).
  • 14. "Start" [Comezo] de Rina Aiuchi. (Eps. 3??-4??).
  • 15. "Hoshi no Kagayakiyo" [Estrela brillante] de ZARD. (Eps. 4??-4??).
  • 16. "Growing of my heart" [Crecendo do meu corazón] de Mai Kuraki. (Eps. 4??-4??).
  • 17. "Shoudou" [Impulso] de B'z. (Eps. 4??-4??).
  • 18. "100 mono tobira" [100 portas] de Rina Aiuchi & U-Ka Saegusa. (Eps. 4??-4??).
  • 19. "Kumo ni notte" [Voando alén das nubes] U-Ka Saegusa. (Eps. 4??-5??).
  • 20. "Namida no yesterday" [Bágoas de onte] de Garnet Crow. (Eps. 5??-5??).
  • 21. "Glorious mind" [Mente gloriosa] de ZARD. (Eps. 5??-5??).
  • 22. "Ai wa kurayami no naka de" [Amor na escuridade] de ZARD. (Eps. 5??-5??).
  • 23. "Ichibyō goto ni Love for you" [Ámote a cada segundo] de Mai Kuraki. (Eps. 5??-5??).
  • 24. "Mysterious" [Misterioso] de Naifu. (Eps. 5??-5??).
  • 25. "REVIVE" [Revivir] de Mai Kuraki. (Eps. 5??-5??).
  • 26. "Everlasting Luv" [Amor eterno] de BREAKERZ. (Eps. 5??-5??).
  • 27. "Magic" [Maxia] de Rina Aiuchi. (Eps. 5??-6??).

Final editar

  • 1. "Step by step" [Paso a paso] de Ziggy. (Eps. 1-52).

"Véxote desde a fantasía
mentres o té na cunca arrefría.
A enredos mil
terémoslles que poñer fin.
..."

  • 2. "Meikyuu no lovers" [Amantes de labirinto] de Heath.
(Non hai versión galega deste tema).
  • 3. "Hikari to kage no roman" [O romance entre o luscofusco] de Keiko Utoko. (Eps. 53-72).

"Amor de luz do que me falas ti.
É un amor que dura all night long.
Fai que latexe forte o corazón.
Tanto dá, quero amar sempre así.
..."

  • 4. "Kimi ga inai natsu" [O verán sen ti] de DEEN. (Eps. 73-86).

"As mañás son duras,
haise que volver erguer.
Pero eu sigo adiante,
sei sorrir alegre se caio.
..."

  • 5. "Negaigoto hitotsu dake" [Un só desexo] de Miho Komatsu. (Eps. 87-114).

"Por que miras pra alguén
e sabes que el é pra ti?
Por que tan tristes nós estamos
se miramos pro solpor?
..."

  • 6. "Koori no ue ni tatsu you ni" [De pé sobre o xeo] de Miho Komatsu. (Eps. 115-141).

"Gústame estar de pé sobre o xeo livián.
O perigo atráeme coma un imán.
Quero acadar os soños que sempre soñei,
os soños que eu imaxinei.
Eterno destino meu.
..."

  • 7. "Still for your love" [Aínda polo teu amor] de Rumanía Montevideo. (Eps. 142-162).

"Nunha noite en que todo pode pasar,
pecha os teus ollos
e un desexo pide xa.
Pois nunha noite así, de lúa, naceu.
..."

  • 8. "Free magic" [Maxia libre] de WAG. (Eps. 163-193).

"Free magic,
onde a verdade está.
Free magic,
o amor o que será.
..."

  • 9. "Secret of my heart" [Segredo do meu corazón] de Mai Kuraki. (Eps. 194-219)
(A versión galega deste tema foi emitida dende a segunda reposición da serie).

"Se eu mudase
o máis feo de min,
pensas que che había de chegar mellor
ó corazón? Ó teu corazón.
Meu amigo.
..."

  • 10. "Natsu no maboroshi" [A ilusión do verán] de Garnet Crow. (Eps. 220-234).

"Por máis que me mato,
eu só penso en ti.
E o peor é que rifamos ti e mais eu.
Vou deixarme de parvadas.
Xa non sei a onde ir.
..."

  • 11. "Start in my life" [Comeza na miña vida] de Mai Kuraki. (Eps. 235-251).

"O futuro non nos dá
cousas boas soamente,
mais eu voulle poñer cara
máis luminosa e clara
có resto do mundo.
..."

  • 12. "Always" [Sempre] de Mai Kuraki. (Eps. 252-266).

"Oes, que malo,
oes, que malo ti.
Oes, que malo,
oes, que malo ti es.
Sempre es igual, pos cara de bo.
..."

  • 13. "Aoi aoi kono Hoshi ni" [Nesta azul, azul Terra] de Azumi Uehara. (Eps. 267-287).

"Se son feliz é porque saio
por este mundo tan bonito.
Porque o que conta é o do arredor
e as ganas tolas de pasalo ben.
..."

  • 14. "Yumemita ato de" [Despois de soñar] de Garnet Crow. (Eps. 288-309).

"A pensar só en ti esperto eu cada mañá,
en cando era feliz só de estar xunto a ti.
E temendo as consecuencias que o futuro nos traerá,
coa alma de quen muda, mil bágoas vertín.
..."

  • 15. "Mushoku" [Sen cor] de Azumi Uehara. (Eps. 310-3??).

"Nestas noites de verán,
sobre as augas vexo un resplandor.
Unha estrela inunda o mar azul e chan.
Es ti, o meu amor.
..."

  • 16. "Overture" [Apertura] de Koshi Inaba. (Eps. 3??-3??).
  • 17. "Ashita wo yumemite" [Soños do mañá] de ZARD. (Eps. 3??-3??).
  • 18. "Kimi to iu hikari" [Unha luz co teu nome] de Garnet Crow. (Eps. 3??-3??).
  • 19. "Nemuru kimi no yokogao ni hohoemi wo" [Sorríndolle o teu perfil dormente] de U-Ka Saegusa. (Eps. 3??-4??).
  • 20. "Wasurezaki" [] de Garnet Crow. (Eps. 4??-4??).
  • 21. "June Bride" [Noiva de Xuño] de U-ka saegusa IN db. (Eps. 4??-4??).
  • 22. "Sekai Tomete" [Deteuse o mundo] de Shiori Takei. (Eps. 4??-4??).
  • 23. "Thank You For Everything" [Grazas por todo] de Iwata Sayuri. (Eps. 4??-4??).
  • 24. "Kanashii hodo Anata ga suki" [] de ZARD. (Eps. 4??-4??).
  • 25. "Mō Kimi dake wo Hanashitari wa Shinai" [] de Aya Kamiki. (Eps. 4??-5??).
  • 26. "Shiroi Yuki" [Neve branca] de Mai Kuraki. (Eps. 5??-5??).
  • 27. "I still believe" [Vou crer] de Yumi Shizukusa. (Eps. 5??-5??).
  • 28. "Sekai wa mawaru to iu keredo" [Es quen de dicir que o mundo xira?] de GARNET CROW. (Eps. 5??-5??).
  • 29. "Yukidoke no ano kawa no nagare no you ni" [Coma o regato que flúe tras desconxelarse] de U-ka saegusa IN db. (Eps. 5??-5??).
  • 30. "Summer Memories" [Lembranzas de verán] de Aya Kamiki. (Eps. 5??-5??).
  • 31. "Go Your Own Way" [Segue o teu propio camiño] de Yumi Shizukusa. (Eps. 5??-5??).
  • 32. "Koi Gokoro Kagayaki Nagara" [Cando o amor resplandece] de Naifu. (Eps. 5??-5??).
  • 33. "Doing all right" [Facendo as cousas ben] de GARNET CROW. (Eps. 5??-5??).
  • 34. "Hikari" [Luz] de BREAKERZ. (Eps. 5??-5??).

Outras cancións editar

  • 1. "A Venus Sanguinaria" dos Lex. (Soa no episodio 43).

"Ela era coma unha
Venus Sanguinaria,
engaioloume o corazón.
Xa non me podo resistir, non
..."

  • 2. "Dáme a man" de Two-Mix. (Soa no episodios 84 e 85).

"Dáme a man, e lévame de aquí,
con tanta pena non podo vivir.
Sálvame, e lévame de aquí,
voute agardar, e ti volverasme amar.
..."

  • 3. "Fin de século" de The High Lows. (Esta é unha versión especial do opening 1 da serie emitido coma un videoclip).

"Fin de século para min,
xa cen anos van.
Pensei que ía chorar,
e estou a rir.
..."

Notas editar

  1. Debido ás restricións do copyright e a incompatibilidade coa licenza da Wikipedia só se presenta, como cita, o comezo do texto de cada canción.