Músculo oblicuo externo

O músculo oblicuo externo é un músculo da parede abdominal.

Músculo oblicuo externo

Características

editar

É o músculo máis superficial dos músculos do plano anterolateral da parede abdominal. Está inmediatamente por debaixo da fascia superficial. As súas febras están dispostas lateralmente e seguen unha dirección inferointerna. A súa aponeurose cobre a parte anterior da parede abdominal ata a liña media. Preto da liña media, a aponeurose de ambos lados únese coa oposta formando a liña alba, que se estende en vertical dende a apófise xifoide ata a pube.

Estruturas relacionadas

editar

O oblicuo externo ancórase a diversas estruturas por medio de varios ligamentos. O bordo inferior da aponeurose únese ao ligamento inguinal. Esta unión áchase reforzada pola existencia dun ligamento lacunar, que se estende dende o ligamento inguinal ata a crista pectínea da cadeira. Outras febras esténdense do ligamento lacunar ata a pube para constituír o ligamento pectíneo ou de Cooper.

Función

editar

Recobre a parte anterior e lateral do abdome.

Vascularización e innervación

editar

A parte superior é vascularizada por vasos intercostais, mentres que a parte inferior recibe achega sanguínea de varios vasos ilíacos. A innervación procede dos nervios intercostais e do nervio subcostal.