Múltiplo
Un múltiplo é un tipo de numeral. Un múltiplo expresa multiplicación pola serie natural dos números a partir de dous: dobre, triplo etc. Por tanto, dobre equivale a multiplicado por dous, triplo a multiplicado por tres etc.

Lista de múltiplos editar
Os múltiplos con forma propia son:
- dobre; duplo/a
- triplo/a
- cuádruplo/a
- quíntuplo/a
- séxtuplo/a
- séptuplo/a
- óctuplo/a
- nónuplo/a
- décuplo/a
- céntuplo/a
Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces.
Función sintáctica editar
Como categoría gramatical, un múltiplo pode ter función pronominal (cando suple a un nome) ou adxectiva (cando o acompaña), por exemplo:
- Pronomes:
- Saquei o dobre de libros da biblioteca para esta fin de semana.
- A lebre pesa o dobre ca o coello.
- A presa tén o quíntuplo de auga que en verán.
- Adxectivos:
- Cómpre reforzar este amaño cunha soldadura dobre.
- Este novo dispositivo de almacenamento tén tripla capacidade.
Verbos derivados editar
Os numerais múltiplos dan orixe aos seus respectivos verbos, por exemplo:
- dobre dá dobrar
- duplo dá duplicar
- triplo dá triplicar
- cuádruplo dá cuadriplicar
- quíntuplo dá quintuplicar
- séxtuplo dá sextuplicar
- séptuplo dá septuplicar
- décuplo dá decuplicar
- céntuplo dá centuplicar
Outras formas derivadas editar
Algúns numerias múltiplos orixinan outras formas léxicas:
- De dobre: dobra, dobradura, dobramento, dobraxe, dobregar, dobremente, dobrez, dobrón.
- De duplo: dúplex, duplicación, duplicado, duplicador, dúplice, duplicidade, duplicidentados.
- De triplo: triplete, triplicación, triplicador.
Os múltiplos en matemáticas editar
Fálase de múltiplo cando se está a tratar con cantidades que multiplican a outra.
Un múltiplo dun número é outro número que o contén un número enteiro de veces. Doutro xeito, un múltiplo de n é un número tal que, dividido por n, da como resultado un número enteiro (xa que o resto da división euclídea é cero). Os primeiros múltiplos do un ó dez adoitan agruparse nas chamadas táboas de multiplicar.
- Exemplo: 18 é múltiplo de 9.
- a=18
- b=9
- a=2·b
En efecto, 18 contén 9 dúas veces de xeito exacto.
Propiedades dos múltiplos editar
- Se a é un múltiplo de b, entón b é un divisor de a.
- Todo número enteiro é múltiplo de 1 e de si mesmo.
- Cero (0) é múltiplo de calquera número.
- Se a e b son múltiplos de n, entón a+b, a-b, ka e kb sóno para calquera número k natural.
Submúltiplos editar
Un número enteiro a é submúltiplo doutro número b se e so se b é múltiplo de a.
Propiedades dos submúltiplos editar
- O número un é submúltiplo de calquera número.
- Todo número é submúltiplo de si mesmo.
- Todo número é submúltiplo do número cero.