Mónica García Prieto

xornalista española

Mónica García Prieto, nada en Badaxoz en 1974,[1] é unha xornalista española, reporteira internacional para distintos medios de comunicación españois, recoñecida e galardoada con importantes premios xornalísticos.[2][3]

Mónica García Prieto
Nome completoMónica García Prieto
Nacemento1974
Lugar de nacementoBadaxoz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
CónxuxeJulio Fuentes Serrano e Javier Espinosa Robles
PremiosPremio José Couso, Julio Anguita Parrado International Journalism Award e Cirilo Rodríguez Award
Na rede
Twitter: monicagprieto Dialnet: 4158212 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

García Prieto é licenciada en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo,[3] aínda que finalizou os dous últimos anos de carreira xa traballando en Italia[4] despois dun tempo de prácticas en distintos medios.

Ao longo de máis de vinte anos foi correspondente en Roma, Moscova, Xerusalén, Beirut e Bangkok[2] e percorreu o mundo como reporteira centrando as súas coberturas na denuncia dos abusos aos dereitos humanos en tempos de guerra e na defensa dos civís.

En 2001, traballando como reporteira para El Mundo, foi enviada a informar sobre a Guerra civil en Macedonia.[5] Traballou en varios conflitos como o levantamento zapatista de Chiapas, a Segunda guerra chechena, a guerra de Xeorxia, as invasións de Afganistán e Iraq e a guerra civil iraquí.

En 2005, cubriu os múltiples ataques contra Gaza no conflito entre Israel e Palestina e, posteriormente, a guerra do Líbano, a guerra de Siria, así como as revoltas da Primavera árabe, entre outros.[6]

Dende 2007, a súa carreira centrouse en Oriente Próximo, Asia Central e o Sueste Asiático.[2] Dende 2015, instalouse en Bangkok e traballa como correspondente freelance para El Mundo, Periodismo Humano e Cuarto Poder.[5][7]

Vida persoal editar

Estivo casada co reporteiro de guerra Julio Fuentes, asasinado na invasión de Afganistán de 2001.[7] A súa parella na actualidade (2018) é Javier Espinosa, xornalista que tamén estivo secuestrado en Siria durante máis de seis meses.[8]

Recoñecementos editar

Obra editar

  • La semilla del odio. De la invasión de Irak al surgimiento del ISIS xunto con Javier Espinosa.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Aurelio Martín (26 de maio de 2017). "Mónica García Prieto gana el ‘Cirilo Rodríguez’ para corresponsales". Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (ed.). "Mónica García Prieto". (con licenza CC-BY-SA vía OTRS). Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "La reportera Mónica García logra el Premio José Couso por su cobertura del conflicto sirio". 17 de abril de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  4. Jordi Pérez Colomer (marzo de 2018). jotdown,es, ed. "Mónica G. Prieto: «Somos primarios, somos primitivos. Somos neandertales con smartphone»". Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Alba, Alfonso (24 de febreiro de 2016). "Mónica García Prieto gana el IX Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021. 
  6. 6,0 6,1 periodismohumano.com (ed.). "Mónica García Prieto". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  7. 7,0 7,1 Antonio J. Armero (27 de marzo de 2017). hoy.es, ed. "El periodismo en la maleta". Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  8. Cadena SER, ed. (7 de abril de 2016). "Mónica García Prieto, el periodismo notario de la Historia". Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  9. EFE (9 de maio de 2013). "Mónica García Prieto reivindica la "regeneración" del periodismo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021. 
  10. Sahagún, Felipe (1 de setembro de 2017). "La semilla del odio: De la invasión de Irak al surgimiento del ISIS". elcultural.com (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar