Abrir o menú principal

Médico de cabeceira

Francisco Vallés (Divino Vallés) médico persoal de Filipe II.

O termo médico de cabeceira fai referencia a un tipo de exercicio do medicina, a atención primaria, que está instalada tanto no medio rural como urbano. É un profesional sanitario que exerce nun centro de saúde ou nun consultorio; sendo o médico máis próximo a unha determinada poboación e, en moitas ocasións, o único facultativo dispoñible para os seus habitantes.[1][2]

Segundo a WONCA, o médico xeral/de familia é o "médico que ofrece ós individuos e familias atención sanitaria persoal, primaria, continua e integral".[3]

Valores e misiónEditar

 
Edward Jenner médico rural inglés descubridor da vacina contra as vexigas ou antivariólica.

A actividade sanitaria busca alongar a vida, evitar o sufrimento e axudar a morrer con dignidade.[4][5][6]

Valores xerais da atención clínicaEditar

  1. A dignidade no trato co paciente e os seus familiares
  2. A cortesía e empatía na entrevista clínica
  3. A calidade científica, técnica e humana
  4. O compromiso de seguimento da dor e do sufrimento
  5. O mantemento e a mellora de habilidades, coñecementos e actitudes dos profesionais
  6. O uso adecuado dos recursos.

Con iso lógrase unha atención clínica efectiva que facilita unha política sanitaria de prestación de servizos segundo necesidades de pacientes e poboacións.

NotasEditar

  1. "European Academy of Teachers in General Practice." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2010. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  2. "World Organization of National Colleges." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de maio de 2012. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  3. Bentzen N (editor). An international glossary for general/family practice. Fam Pract. 1995; 12:341-69.
  4. Cassell EJ. The nature of suffering and the goals of medicine. N Engl J Med. 1982; 306:369-45.
  5. Hasting Center. Los fines de la Medicina. Barcelona: Fundación Víctor Grifols i Lucas; 2004.
  6. Feder G. A Fortunate Man: still the most important book about general practice ever written.