Mærsk Mc-Kinney Møller
Arnold Mærsk Mc-Kinney Møller, nado o 13 de xullo de 1913 e finado no Rigshospitalet de Copenhaguen o 16 de abril de 2012, foi un magnate dinamarqués dos envíos e un home de negocios.
Nome orixinal | (da) Arnold Mærsk McKinney Møller |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de xullo de 1913 Copenhague, Dinamarca |
Morte | 16 de abril de 2012 (98 anos) Copenhague, Dinamarca |
Lugar de sepultura | Hellerup Cemetery (en) |
Educación | Øregård Gymnasium - Q12333017 (–1930) |
Actividade | |
Ocupación | armador, empresario, emprendedor |
Familia | |
Familia | Møller (en) |
Cónxuxe | Emma Mc-Kinney Møller (1940–) |
Fillos | Ane Mærsk Mc-Kinney Uggla |
Pais | Arnold Peter Møller e Chastine Estelle Roberta Mc-Kinney Møller |
Irmáns | Sally Mc-Kinney Møller |
Premios | |
Sitio web | mmm.maersk.com |
Traxectoria
editarFoi o fillo de Arnold Peter Møller, fundador da AP Moller-Maersk e da americana Chastine Estelle Roberta Mc-Kinney. Estivo casado co seu amor do instituto Emma Neergaard Rasmussen dende 1940 até a súa morte no ano 2005; Con ela tivo tres fillas Leise (1941), Kirsten(1944) e Ane(1950).
Møller converteuse nun socio da AP Moller-Maersk Grupo en 1940. No ano 2004, regalou ao pobo dinamarqués a ópera de Copenhaguen, deseñada por Henning Larsen, para a que doou aproximadamente 400 millóns de dólares, co que se construíu en menos de 3 anos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Na revista Forbes Arquivado 28 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)