Abrir o menú principal

Lynn Rachel Redgrave OBE, nada en Londres o 8 de marzo de 1943 e finada en Nova York o 2 de maio de 2010, foi unha actriz británica pertencente á coñecida familia de intérpretes: era filla de sir Michael Redgrave e Rachel Kempson, lady Redgrave; irmá de Corin Redgrave e Vanessa Redgrave; e tía das actrices Natasha Richardson, Joely Richardson e Jemma Redgrave.

Lynn Redgrave
LynnRedgraveHS09TIFF.jpg
Nacemento8 de marzo de 1943
LugarMarylebone
Falecemento2 de maio de 2010
LugarKent
CausaCancro de mama
NacionalidadeEstados Unidos de América e Reino Unido
Educada enCentral School of Speech and Drama
PaiMichael Redgrave
NaiRachel Kempson
Cónxuxe(s)John Clark
Profesiónactriz de televisión, actriz de cinema, dramaturga, actriz de teatro, escritora, actriz de dobraxe e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

Lynn Redgrave é a única persoa que foi candidata aos catro grandes premios estadounidenses do entretemento (Grammy, Emmy, Oscar e Tony) sen gañar ningún deles.[1]

TraxectoriaEditar

O primeiro papel de Redgrave nun filme foi unha pequena aparición en Tom Jones (1963). En 1966 recibiu a súa primeira candidatura aos premios Oscar por Georgey Girl. Traballou en televisión, nos teatros de Londres e en Broadway e foi candidata en dúas ocasións aos Tony. Tamén gañou dúas veces o premio Sarah Siddons (1977 e 1995) polo seu traballo nos teatros de Chicago.

Outros filmes en que participou foron The Happy Hooker, Every Little Crook and Nanny, Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e nunca se atreveu a preguntar, The Big Bus, Sunday Lovers, Morgan Stewart's Coming Home e Gods and Monsters. Entre 1979 e 1981, participou na serie de televisión estadounidense House Calls. No seu último filme, Kinsey, protagonizado por Liam Neeson, ten un breve mais amplamente eloxiado papel.

En 2000, Redgrave divorciouse do que fora o seu marido durante 33 anos, o produtor de cinema e actor John Clark, cando descubriu que tivera un fillo coa súa axudante.[2][3] En 2002 anunciou que sufría un cancro de mama. Escribiu unha obra de teatro, The Mandrake Root e tamén un libro en que narraba a súa batalla contra o cancro titulado Journal: A Mother and Daughter's Recovery from Breast Cancer con fotografías realizadas pola súa filla Annabel Clark.[4]

Redgrave foi nomerada Oficial da Orde do Imperio Británico, aínda que posteriormente se converteu en cidadá estadounidense.[5]

A actriz faleceu o 2 de maio de 2010 tras sete anos de loita contra o cancro.[6]

FilmografíaEditar

Ano Título Papel Notas
1963 Tom Jones Susan
1964 Girl with Green Eyes Baba Brennan
1966 Georgy Girl Georgy
1966 Deadly Affair, TheThe Deadly Affair Virgin
1967 Smashing Time Yvonne
1969 Virgin Soldiers, TheThe Virgin Soldiers Phillipa Raskin
1970 Last of the Mobile Hot Shots Myrtle Kane
1971 Long Live Your Death Mary O'Donnell Tamén coñecida como Don't Turn the Other Cheek!
1972 Every Little Crook and Nanny Miss Poole
1972 Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e nunca se atreveu a preguntar The Queen
1973 National Health, TheThe National Health Nurse Betty Martin
1975 Happy Hooker, TheThe Happy Hooker Xaviera Hollander
1976 Big Bus, TheThe Big Bus Camille Levy
1980 Sunday Lovers Lady Davina Episodio: "An Englishman's Home"
1987 Morgan Stewart's Coming Home Nancy Stewart
1989 Getting It Right Joan
1989 Midnight Midnight
1996 Shine Gillian
1998 Gods and Monsters Hanna
1998 Hairy Bird, TheThe Hairy Bird Miss McVane Tamén coñecida como All I Wanna Do
1999 Touched Carrie
1999 The Annihilation of Fish Poinsettia
2000 Simian Line, TheThe Simian Line Katharine
2000 Next Best Thing, TheThe Next Best Thing Helen Whittaker
2000 Deeply Celia
2000 How to Kill Your Neighbor's Dog Edna
2000 Lion of Oz Malvada bruxa do leste Voz
2001 Venus and Mars Emily Vogel
2001 My Kingdom Mandy
2002 Spider Mrs. Wilkinson
2002 Unconditional Love Nola Fox
2002 Wild Thornberrys Movie, TheThe Wild Thornberrys Movie Cordelia Thornberry Voz
2002 Hansel and Gretel Woman / Witch
2002 Anita and Me Mrs. Ormerod
2003 Charlie's War Grandma Lewis
2003 Peter Pan Aunt Millicent
2004 Kinsey Final Interview Subject
2005 White Countess, TheThe White Countess Olga Belinskya
2007 Jane Austen Book Club, TheThe Jane Austen Book Club Mama Sky
2009 My Dog Tulip Nancy / Greengrocer's Wife Voz

NotasEditar

  1. Potter, Steve (3 de agsosto de 2016). "City Scene: Gone but not forgotten". The Telegraph (Alton, Illinois) (en inglés) (Civitas Media). Consultado o 30 de novembro de 2016. ...Actress Lynn Redgrave...credited as the only person to have been nominated for all of the "Big Four" awards...without ever winning any of them. 
  2. "Lynn Redgrave obituary". The Daily Telegraph (Londres). 3 de maio de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2010. 
  3. "Lynn Redgrave obituary". The Times (Londres). 4 de maio de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2010. 
  4. Bcrfcure.org
  5. Lynn Redgrave profile at FilmReference.com
  6. Fallece Lynn Redgrave a los 67 años

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar