Lynn Collins
Viola Lynn Collins,[1] nada o 16 de maio de 1977[1] en Harris County, Texas, é unha actriz estadounidense coñecida por interpretar a "Silver Fox-Kayla Silverfox" no filme de acción X-Men Origins: Wolverine.
Lynn Collins | |
---|---|
![]() Collins na estrea de X-Men Origins: Wolverine no 2009. | |
Nome completo | Viola Lynn Collins |
Nacemento | 16 de maio de 1977 (43 anos) |
Lugar | Harris County, Texas, ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educada en | Juilliard School e Klein High School |
Cónxuxe(s) | Steven Strait (2008–presente) |
Profesión | Actriz (1999–presente) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Lynn asistiu á Escola de drama Julliard. No 2005 saíu co actor Keanu Reeves, o seu compañeiro en A casa do lago. No 2008 casou co actor Steven Strait.
TraxectoriaEditar
Ten experiencia nos escenarios e na pantalla en papeis de Shakespeare. No 2004, interpretou o papel de "Portia" no filme The Merchant of Venice, baseada na obra de Shakespeare e actuando xunto con Al Pacino, Joseph Fiennes e Jeremy Irons.
No 2009 obtivo o papel de "Kayla Silverfox" en X-Men Origins: Wolverine, logo de que a actriz Michelle Monaghan rexeitara o papel.
No 2012 aparece no filme de aventura e ciencia ficción John Carter onde interpretará a "Dejah Thoris".[2]
FilmografíaEditar
- Filmes:
- Televisión:
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2008 | True Blood | Dawn Green | 5 episodios |
2002 | Haunted | Asistente D.A.Jessica Manning | 8 episodios |
2002 | Push, Nevada | Muller de BRB | episodio "The Amount" |
2001 | The Education of Max Bickford | - | episodio "Who Is Breckenridge Long?" |
1999 | Law & Order: Special Victims Unit | Virginia Hayes | episodio "Wanderlust" |
Premios e NomeamentosEditar
Ano | Categoría | Premio | Serie | Resultado |
---|---|---|---|---|
2009 | Choice Movie Fresh Face Female | Teen Choice Award | X-Men Origins: Wolverine | Nomeada |
2005 | Best Actress in a Supporting Role, Comedy or Musical | Golden Satellite Award | The Merchant of Venice | Nomeada |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 According to the State of Texas. Texas Birth Index, 1926-1995. Searchable at http://www.familytreelegends.com/records/txbirths
- ↑ "Taylor Kitsch, Lynn Collins blast off to 'Mars'". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 23 de xuño de 2011.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lynn Collins |
Ligazóns externasEditar
- Lynn Collins na IMDb (en inglés).
- www.tv.com (en inglés)
- Internet Broadway Database (en inglés)
- TCM Movie Database (en inglés)