Lycaena tityrus
Lycaena tityrus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lycaena tityrus, cópula, na parte superior a femia. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Lycaena tityrus é unha bolboreta da familia Lycaenidae.[1]
Características
editarA parte superior do macho é de cor marrón con manchas negruzcas. Ao longo do bordo posterior hai unhas poucas manchas de cor laranxa. As ás dianteiras da femia son máis redondeadas e un pouco máis laranxas que no macho, e ela ten máis manchas de cor laranxa ao longo dos bordos das ás dianteiras e traseiras, pola contra, son bastante similares na parte superior.[2]
A parte inferior é similar en ambos os sexos, dunha cor amarela agrisada, manchas escuras e manchas de cor laranxa ao longo dos bordos das ás.
Bioloxía
editarA larva é de cor verde e pode chegar a ter até 20 milímetros de longo. Hiberna como larva nova.
As súas plantas hospederas son especies de acedeira Rumex como R. acetosa.
Período de voo
editarÉ unha especie polivoltina en lugares cálidos, de abril a outubro, bivoltina en lugares máis frescos, de maio e xuño e de xullo a setembro, voa de 50 a 2500 metros de altitude.
Distribución
editarHabita o sur e centro de Europa, chega a Italia, Sicilia, Grecia e Turquía, o sur de Rusia, até a cordilleira de Altái. Nos países nórdicos está a nivel local en Dinamarca. En España atópase na metade norte eurosiberiana, entre os Pireneos e Galicia ademais do sistema Ibérico norte. É substituída por Lycaena bleusei en gran parte do centro Peninsular.
Hábitat
editarO seu hábitat son prados con flores.