Luz Gómez García

Luz Gómez García, nada en Madrid en 1967, é unha arabista e tradutora española. É profesora titular de Estudos Árabes e Islámicos na Universidade Autónoma de Madrid. Foi galardoada co Premio Nacional de Tradución de España en 2012 pola versión ó español de En presencia de la ausencia, do palestino Mahmud Darwish.[1]

Infotaula de personaLuz Gómez García
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArabic studies (en) Traducir, Islamology (en) Traducir e translations from Arabic language (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , tradutora , Islamólogo , arabista , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de novembro de 2019Petición pública en favor dunha negociación política sobre Cataluña Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: LuzGomezGar Dialnet: 344296 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Doutora en Filoloxía Árabe pola Universidade Autónoma de Madrid, ampliou estudos na American University do Cairo e investigou no Centro de Estudos e Documentación Económica, Xurídica e Social (Centre d’études et de documentation économiques, juridiques et sociales) do Cairo e no Instituto Francés de Estudos Árabes de Damas (Institut Français d’Etudes Arabes de Damas). Foi tamén profesora titular de Tradución na Universidade de Alacante e na Universidade de Columbia (Nova York). Pertence ó grupo investigador Travelling Concepts in Feminist Pedagogy, da Rede Europea ATHENA.

En 2012 foi galardoada polo Ministerio de Cultura de España co Premio Nacional de Tradución de España pola versión española de En presencia de la ausencia (Fi Hadrat al-ghiyab, 2006), do palestino Mahmud Darwish.

Notas editar