Luminița Anghel

cantante romanesa

Luminița Anghel, nada en Bucarest o 7 de outubro de 1968, é unha cantante e presentadora romanesa.

Luminița Anghel
Nome completoLuminița Anghel
Data nacemento7 de outubro de 1968 (55 anos)
Nado enBucarest, Romanía
Ocupación
  • Cantautora,
  • Presentadora
  • XéneroPop
    Instrumento(s)Voz
    Tempo en activo1976-actualidade
    Na rede
    http://www.luminitaanghel.ro
    IMDB: nm1424261 Musicbrainz: 0bb9cb31-12cb-4e79-82ad-1d345f63d633 Discogs: 4503406 Editar o valor em Wikidata
    editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria editar

    Con oito anos comezou o seu interese pola música, graduándose mais tarde na Escola de Arte Popular, onde tomou leccións na especialización en música lixeira.

    En 2003 conseguiu o primeiro posto no festival Mamaia de Romanía. Nas edicións dos anos 1995 e 1996 quedaría no terceiro posto. Nese mesmo ano no festival Voice of Asia celebrado en Casaquistán acadou o premio á mellor cantante internacional.

    Eurovisión editar

    No ano 2005, Luminița participou no festival de Eurovisión celebrado en Kíiv, Ucraína coa canción "Let Me Try" ("Déixame intentalo") onde quedou primeira na súa semifinal e terceira na gran final cunha puntuación de 235 puntos.

    No ano 2010, xunto a Tony Tomas e Adrian Piper intentou volver a Eurovisión presentando a canción "Save Their Lives" ("Salva as súas vidas").