Lumbricus

Lumbricus é un xénero de anélidos oligoquetos da familia dos lumbrícidos entre os que están as miñocas máis comúns europeas. O xénero ten case 700 especies validadas. Caracterízase por ter unha separación completa ente o peristomio e o primeiro segmento do corpo ou prostomio. Os testículos e condutos deferentes están rodeados por unha pequena bolsa e aparecen nos segmentos nove, once e doce. Teñen quetas apareadas e nefridios con forma de J.[1]

O debuxo superior corresponde á zona do prostomio dos Lumbricus, e a inferior á doutros lumbrícidos.

As características dalgunhas das especies máis comúns ou singulares son:

  • Lumbricus rubellus é xeralmente castaña avermelada ou violeta avermellada, iridescente dorsalmente e amalrela pálida ventralmente. miden xeralmente uns 25–105 mm de lonxitude, e ten entre 95 e 120 segmentos.
  • Lumbricus castaneus varías de castaña a castaña violácea; é castaña ou amarela ventralmente, e ten un clitelo de cor laranxa. Ten xeralmente de 30 a 70 mm de lonxitude, e de 82 a 100 segmentos.
  • Lumbricus terrestris é a miñoca máis coñecida. Está moi pigmentada, vermella acastañada dorsalmente, e amarelada ventralmente. As súas sedas ou quetas están dispostas apareadas a ambos os lados do coro. É a especie máis longa do xénero, cunha lonxitude que varía desde 90 a 300 mm xeralmente, e ten entre 110 e 160 segmentos.
  • Lumbricus festivus non é moi común. É castaña avermellada, máis clara ventralmente e iridescente na parte dorsal. A lonxitude do seu corpo vai de 48 a 108 mm, e ten uns 100–143 segmentos.
  • Lumbricus badensis, considérase a miñoca xigante, xa que pode atinxir unha lonxitude de ata 600 mm, pero a súa área de distribución é moi reducida, abranguendo a Selva Negra no suroeste de Alemaña.

NotasEditar

  1. Blakemore, R., 2007. An updated list of valid, invalid and synonymous names of Criodriloidea (Criodrilidae) and Lumbricoidea (Annelida: Oligochaeta: Sparganophilidae, Ailoscolecidae, Hormogastridae, Lumbricidae, and Lutodrilidae). COE, Soil Ecology Group, Graduate School of Environment and Information Sciences, Yokohama National University, Yokohama, Japan. 48 pp.