Luján Argüelles

locutora, xornalista e presentadora española

María Luján Argüelles Álvarez[1] , nada en Salas, Asturias o 26 de xaneiro de 1977, é unha locutora radiofónica e presentadora de televisión española. Traballou en diferentes medios de comunicación de España. Presentou os programas ¿Quién quiere casarse con mi hijo? e Tú, yo y mi avatar, ámbolos dous da canle Cuatro.

Luján Argüelles
Luján Argüelles en la inauguración de la tienda de Hispanitas en Madrid (2016) (2).jpg
Nacemento26 de xaneiro de 1977
 Salas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresentadora, xornalista e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Empezou a súa carreira nos medios ós 19 anos, mentres estudaba historia e piano. Tras traballar en Radio Vetusta decidiu mudarse a Madrid e fichou por Onda Cero. A partir de 2001 compaxina o seu traballo en radio, co mundo da televisión comezando a súa carreira neste medio en Canal 7 TV Madrid o 3 de maio de 2001 até o 29 de xuño de 2001 co programa E-Misión Glamourosa. En 2002, fichou por Antena 3 e en 2008 inicia unha nova etapa na canle Cuatro, un ano despois asinaría un contrato blindado de 4 anos de duración con esta mesma canle.

En abril de 2018 anúnciase que non renova o seu contrato con Mediaset España tras 10 anos no grupo, aínda que seguirá á fronte do formato ¿Quién quiere casarse con mi hijo? e como comentarista de El programa de AR até finais de 2018.

Desde setembro de 2018 conduce en Telemadrid o espazo La Báscula.

Vida persoalEditar

O 13 de xullo de 2015, Luján deu a luz á súa primeira filla coa súa actual parella, o empresario Carlos Sánchez Areas, á que chamou Miranda.[2]

NotasEditar