Luisa Gavasa

actriz española

Luisa Gavasa Moragón, nada en Zaragoza o 8 de abril de 1951, é unha actriz española.[1]

Luisa Gavasa
Luisa Gavasa en los Premios Goya 2017 (cropped).jpg
Nome completoLuisa Gavasa Moragón
Nacemento8 de abril de 1951 e 1951
Lugar de nacementoZaragoza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz
Na rede
http://luisagavasa.com/
IMDB: nm0310459 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na súa traxectoria profesional colaborou co Teatro Estable de Zaragoza ou co Nuevo Teatro de Aragón, así como na Compañía Adrià Gual, de Ricard Salvat. Actuou en teatros como o María Guerrero, o Teatro da Comedia ou o Liceu barcelonés.[1]

Debutou no cinema en 1977 con Doña Perfecta, de César Fernández Ardavín, e traballou con Pedro Almodóvar (Entre tinieblas, 1983), Miguel Picazo (Extramuros, 1985), Felipe Vega (Mientras haya luz, 1987), Agustí Villaronga (99.9, 1997), Salvador García Ruiz (Mensaka, 1998), Juan Vicente Córdoba (Aunque tú no lo sepas, 2000), Javier Balaguer (Sólo mía, 2001) ou Juanra Fernández (Para Elisa, 2013). Gañou o Goya á mellor actriz secundaria en 2015 por La novia.[2]

Gavasa foi homenaxeada pola súa traxectoria na edición de 2009 da Semana do Cinema e da Imaxe de Fuentes de Ebro (Scife).[3] En 2014, o concello de Zaragoza nomeouna filla predilecta da cidade.[4]

Interveu de xeito episódico en series de televisión como Los protegidos, La que se avecina, Velvet, El ministerio del tiempo ou El Caso: Crónica de sucesos. En 2017 incorporouse ao elenco da miniserie Perdóname, Señor, en Telecinco, en que interpreta a Doña Matilde. Ademais, participou en varios episodios de Las chicas del cable (Netflix) dando vida a Pilar de Senillosa, nai de Carlota (Ana Fernández).

FilmografíaEditar

Series de televisiónEditar

Ano Serie Personaxe Notas
1977 Novela 2 episodios
1986 Tristeza de amor Matilde 4 episodios
1989 Miguel Servet, la sangre y la ceniza Cellalaria 1 episodio
1991 - 1992 Crónicas urbanas Teresa 2 episodios
1993 Farmacia de guardia 1 episodio
1994 Hermanos de leche Parturienta 2 1 episodio
1995 Canguros 1 episodio
1999 A las once en casa 1 episodio
2000 El Comisario 1 episodio
Policías, en el corazón de la calle Carmen 8 episodios
2001 El secreto Tía Miriam 2 episodios
2002 - 2005 Hospital Central Madre de Curro / Mujer de Eduardo 2 episodios
2003 Un paso adelante 1 episodios
Luna negra Juez 1 episodio
Géminis, venganza de amor 16 episodios
2005 - 2009 Amar en tiempos revueltos Doña Loreto Castillo 202 episodios
2008 700 euros, diario secreto de una call girl Emilia 14 episodios
2009 Cuéntame cómo pasó Sophie 1 episodio
2010 Alfonso, el príncipe maldito Carmen Polo 1 episodio
2012 Los protegidos Dorita 9 episodios
2015 La que se avecina Reme 1 episodio
Velvet Madre de Raúl de la Riva 1 episodio
2016 El Caso: Crónica de sucesos Doña Soledad 1 episodio
2017 Perdóname, Señor Doña Matilde 7 episodios
El ministerio del tiempo Lucía 3 episodios
2017 - 2019 Las chicas del cable Pilar de Senillosa 12 episodios
2019 La reina del sur Cayetana Aljarafe 44 episodios
2019 - 2020 El nudo Miriam Leyva 13 episodios
2020 El último show Pilar 8 episodios
Desaparecidos Teresa 1 episodio

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 «Luisa Gavasa Moragón» Arquivado 02 de decembro de 2021 en Wayback Machine.. Gran Enciclopedia Aragonesa. Zaragoza: DiCom Medios SL
  2. "La aragonesa Luisa Gavasa logra el Goya por su papel en 'La novia', de Paula Ortiz" (en castelán). 
  3. "Festival de Cine de Fuentesrl". Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  4. "Ayuntamiento de Zaragoza.Noticia". Consultado o 28 de novembro de 2015. 

Véxase taménEditar