Luisa Durán

Luisa Durán, nada en Logrosán (provincia de Cáceres) o 19 de outubro de 1934, é unha escritora estremeña autora de poesía, prosa e teatro, coñecida co alcume de "La cigarra estremeña". Escribe en castelán e estremeño.

Luisa Durán
Nacemento19 de outubro de 1934
 Logrosán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a interesarse pola poesía de nova, e escribiu os seus versos con seis anos. Estudou Maxisterio en Madrid, e con 23 anos emigrou coa súa familia a Borgoña, onde coñeceu o seu marido. O 1 de maio de 1963, Día da Clase Obreira, actuou en Dijon.

En 1970 regresou a Madrid, e consagrouse á literatura coa publicación de libros de poesía e participando en varias emisoras de radio. Foi nesa época cando o xornalista Joaquín Prat lle puxo o alcume de "La cigarra estremeña". Despois seguiu publicando tamén obras en prosa e mesmo algunha peza teatral.

ObraEditar

  • Tu nombre llevo en silencio (poesía, 1970)
  • Mi tierra (poesía, 1981)
  • Vivencias (poesía, 1996)
  • El canto de la cigarra (poesía, 2002)
  • Oficios perdidos: Costumbres y recuerdos de mi infancia (prosa autobiográfica, 2002)
  • Qué tiempos! (teatro)
  • En casa del alcalde (teatro)
  • La feria (sainete)

Véxase taménEditar

BibliografiaEditar

Ligazóns externasEditar