Luisa Castro
Luisa Castro Legazpi, nada en Foz o 6 de xaneiro de 1966[1], é unha escritora e columnista galega en galego e castelán.
Luisa Castro | |
---|---|
Nome completo | Luisa Castro Legazpi |
Nacemento | 6 de xaneiro de 1966 |
Lugar de nacemento | Foz |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | escritora, ensaísta, xornalista e xornalista de opinión |
Cónxuxe | Xavier Rubert de Ventós |
Fillos | Xita Rubert Castro |
Premios | Premio Torrente Ballester, Premio internacional de poesía Rei Xoan Carlos I, Premio Hiperión e Premio Biblioteca Breve |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Filla de mariñeiro, Luisa Castro é a menor de dúas irmás. Logo de comezar estudos de Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela, trasladouse a Madrid. Alí colaborou con diversos medios de comunicación e especializouse en Lingüística pola Universidade Complutense. Amplíou os seus estudos en Urbino (Italia). En Nova York, onde se trasladou máis tarde, cursou un máster en guión. Regresou a Barcelona ao rematar.
Contraeu matrimonio co filósofo Xavier Rubert de Ventós, de quen se separou posteriormente, volvendo residir a Santiago de Compostela.
Traduciu ao castelán o libro de relatos Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín.[2] Traballa como colaboradora habitual de La Voz de Galicia, El Mundo e El País.
Nos últimos anos foi directora do Instituto Cervantes de Nápoles, de Bordeos e de Dublín onde reside.[3]
Obra en galego Editar
Poesía Editar
- Baleas e baleas (1988). Sociedade de Cultura Valle-Inclán) accésit do VI Premio Esquío de poesía;[4] (edición bilígüe galego-castelán: Ballenas 1992).[5] Tamén foi traducida ao alemán.[6]
- Un amor antigo (2022). Vigo: Galaxia. 110 páxs. ISBN 978-84-9151-935-5.
Obras colectivas Editar
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
- Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, Consello da Cultura Galega).
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand).
Artigos Editar
- Melancolía de sofá (2009).
Obra en castelán Editar
Poesía Editar
- Odisea definitiva. Libro póstumo (1984).
- Los versos del eunuco (1986) I Premio Hiperión.
- Los seres vivos (1988).
- Los hábitos del artillero (1989) VI Premio Rey Juan Carlos.
- De mí haré una estatua ecuestre (1997).
- Señales con una sola bandera: poesía reunida 1984-1997 (2004).
- Amor mi señor (2005).
- Actores vestidos de calle (2018).
Narrativa Editar
- Novela
- El somier (1990) finalista do VIII Premio Herralde.[7]
- La fiebre amarilla (1994).
- El secreto de la lejía (2001) XXVI Premio Azorín.
- Viajes con mi padre (2003).
- La segunda mujer (2006) Premio Biblioteca Breve.
- Relatos
- Podría hacerte daño (2005) XVI Premio Torrente Ballester.
Artigos Editar
- "Carmen Martín Gaite" en Retratos literarios: escritores españoles del siglo XX evocados por sus contemporáneos (1997).
- Diario de los años apresurados (1998).
Notas Editar
- ↑ Cuevas-Morales, S. (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 106.
- ↑ "Arraianos. Relatos de la Raya, tierra de nadie". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2021-12-18). "Luisa Castro dirixirá en Dublín o Cervantes: "Vou estar na casa"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-04-09.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "Ballenas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Wale und andere Gedichte". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- "Luisa Castro o la escritura doble", de Béatrice Rodríguez, en Mujeres novelistas: jóvenes narradoras de los noventa (coord. por Alicia Redondo Goicoechea; Madrid, Narcea, 2003, pp. 97–107). ISBN 84-277-1421-1.
- "En busca del secreto de la narrativa de Luisa Castro", de Ángeles Encinar, en La pluralidad narrativa: escritores españoles contemporáneos (1984-2004) (coord. por Ángeles Encinar Félix e Kathleen M. Glenn; Madrid, Biblioteca Nueva, 2005, pp. 149–162). ISBN 84-9742-447-6.
Ligazóns externas Editar
- Ficha da autora en Xerais
- Poemas de Luisa Castro (en castelán)
- Páxina con poemas de Luisa Castro (en castelán)