Abrir o menú principal

Licenciado Molina

(Redirixido desde "Luis de Molina")

Juan de Molina, Francisco de Molina, Luis de Molina, Bartolomé Francisco de Molina ou Bartolomé Sagrario de Molina[1], máis coñecido como Licenciado Molina, nado en Málaga, foi un escritor español do século XVI.

Licenciado Molina
AlcumeLicenciado Molina
 Málaga
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxeógrafo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Sábese que estudou dereito e de aí o título de licenciado, e crese que estudou na Universidade de Santiago de Compostela, creada pouco tempo atrás, ou que cando menos, que despois estivera practicando a avogacía en Santiago de Compostela. En 1549 redactou a súa obra máis coñecida, a Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del, que publicou ao ano seguinte, 1550, en Mondoñedo[2]. Consta tamén que foi nomeado cóengo polo bispo de Mondoñedo, Diego de Soto[3].

Obra conservadaEditar

 
Descripcion del Reyno de Galizia.
 
Placa na rúa do seu nome en Mollavao (Campolongo, Pontevedra).

NotasEditar

  1. CUEVAS, CRISTÓBAL (dir.), Diccionario de escritores de Málaga y su provincia, Madrid:Castalia, 2002
  2. FLOREZ, HENRIQUE, España sagrada: Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVIII, Madrid:Antonio Marín, 1764.
  3. FLOREZ, HENRIQUE, España sagrada: Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVIII, Madrid:Antonio Marín, 1764