Luis de Alcalá (¿1490?-1549), foi un téologo franciscano español do século XVI, famoso polo seu estudo da economía.

Infotaula de personaLuis de Alcalá
Biografía
Nacemento1490 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte1549 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana Editar o valor em Wikidata
Tratado sobre os préstamos (1543).

Biografía editar

Discípulo de Juan de Medina, exerceu de Catedrático na Universidade Complutense de Madrid, onde probablemente cursou os seus estudos.

En 1543 publicou o seu "Tratado en que a la clara se ponen y determinan las materias de los préstamos que se usan entre los que tractan y negocian". Tres anos máis tarde afondou na materia publicando unha expansión e enmenda da súa obra baixo o título "Tractado de los prestamos que passan entre mercaderes y tractantes y por consiguiente de los logros cambios compras adelantadas y ventas al fiado", a cal foi impresa en Toledo en 1546.

En liña cos seus contemporáneos da Escola de Salamanca, Alcalá realizou, antes mesmo que Martín de Azpilcueta ou Tomás de Mercado, reflexións sobre a licitude moral dos préstamos con interese, os prezos, o valor do diñeiro e o desenvolvemento económico.

Frei Luis de Alcalá contribuiu á lexicografía económica española ao dotala con definicións e explicacións dos principais termos económicos do momento.

Ligazóns externas editar