Luis Tristán
Luis Tristán de Escamilla, nado en 1585 e finado en 1624, foi un pintor español, o principal dos discípulos de El Greco. É coñecido habitualmente como Luis Tristán e, incluso, ás veces como simplemente Tristán.
Luis Tristán | |
---|---|
Nome completo | Luis Tristán de Escamilla |
Alcume | Tristán |
Nacemento | 1586 |
Lugar de nacemento | Toledo |
Falecemento | 7 de decembro de 1624 |
Lugar de falecemento | Toledo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor |
Coñecido por | A Visión de San Francisco de Asís |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Tristán naceu na mesma cidade de Toledo no ano 1585. Formou parte do taller de El Greco entre 1603 e 1606. Nos anos seguintes viaxou a Italia, onde estivo até 1613, independizándose posteriormente. O seu primeiro contrato coñecido é do ano 1613. Poucos anos despois faleceu o 7 de decembro de 1624.
EstiloEditar
Cóidase que Tristán realizou copias de cadros de El Greco, que figuran asinados polo mestre, pero o seu estilo, a pesar de ser considerado como o discípulo máis importante, é diferente, pois mostra tipos máis realista, con uso de técnicas claroscuras que aproximan a obra de Luis Tristán á doutros pintores de comezos do século XVII, influenciados polo tenebrismo.
Obra (selección)Editar
- Santa Cea (1613), Cuerva.
- Retablo da igrexa de Yepes (1616), Toledo, do que fican fragmentos no Museo do Prado.
- San Domingos penitente, Casa Museo de El Greco, Toledo.
- Cristo na cruz, Casa Museo de El Greco, Toledo.
- Trindade (1624), Capela dos Cálices, Catedral de Sevilla.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Tristán |
BibliografíaEditar
- Alfonso E. Pérez-Sánchez; Navarrete Prieto, Benito, Luis Tristán: 1585-1624. Ediciones del Umbral. 2001