Lois Caeiro

xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Luis Rodríguez García»)

Luís Rodríguez García, coñecido como Lois Caeiro, nado en Sobrado o 10 de abril de 1951[1], é un xornalista e escritor galego. Figura clave no xornalismo galego dende a transición, exerceu como como director de varios medios de comunicación, sendo ate 2019 director de El Progreso de Lugo, ano no que se xubilou.[2] Na actualidade continúa a exercer como columnista publicando dous artigos semanais no Diario de Pontevedra e en El Progreso de Lugo.

Modelo:BiografíaLois Caeiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
As Cruces, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1257577 BUSC: caeiro-lois-1951

Traxectoria

editar

Naceu no lugar das Cruces da parroquia de San Xiao de Cumbraos no concello de Sobrado, estudou na cidade da Coruña, no seminario de Santiago, na Universidade de Comillas e fixo xornalismo na Complutense en Madrid.[3]

Foi coordinador da colección Testemuños da Editorial SEPT, colaborador de Galicia confidencial, Encrucillada, comentarista político de El Ideal Gallego, xefe de prensa da Delegación do Goberno en Galicia con Domingo García Sabell. Xefe de Prensa da CEG. Xefe de Prensa da Xunta de Galicia. Director dos servizos informativos da Televisión de Galicia (1985-1986), director de Atlántico Diario e correspondente en Galicia do xornal ABC,[4] director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia entre 1986 e 1987, dimitindo en xaneiro de 1987.[5] Colaborador habitual de El Correo Gallego, publicou O xantar da memoria (2004) e Aquel mundo. E un dos tradutores de A Biblia dos nenos (Editorial Sept. 1975). Editor e prólogo de Pensar Galicia, unha escolma de artigos de Andrés Torres Queiruga (edit. Sept).

No 2022 ingresou na Academia Galega de Gastronomía[6] en recoñecemento do seu interese continuo na promoción e difusión da cultura gastronómica galega. É habitual atopar nos seus escritos referencias aos produtos e a cociña galega.[6]

Recoñecementos

editar
  • Aquel mundo, 1996.
  • O xantar da memoria, 2004. Premio Nacional de Periodismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”.
  1. "1951. Lois Caeiro, escritor e xornalista, nace en Sobrado". fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 06-03-2019. Consultado o 03-03-2019. 
  2. López, Ruth (01-03-2019). "Alfonso Riveiro toma el relevo de Lois Caeiro en la dirección de El Progreso". elprogreso.es. Consultado o 03-03-2019. 
  3. "Els periodistes gallecs rendeixen tribut a Lois Caeiro i al mort José Luis Alvite". catalunyapress.cat (en catalán). 23-01-2015. Consultado o 03-03-2019. 
  4. "El periodista Lois Caeiro, galardonado con el XX Premio Diego Bernal". teinteresa.es. 26-11-2014. Consultado o 03-03-2019. 
  5. Vázquez, Elisardo (13-01-1987). "Dimite el director de la televisión autonómica gallega". elpais.com. Consultado o 03-03-2019. 
  6. 6,0 6,1 "Ingresan en la Academia Galega de Gastronomía seis nuevos miembros". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-07-09. Consultado o 2025-02-02. 
  7. "Enrique Arias gana el Premio de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro al mejor artículo de difusión nacional". galiciadigital.com. 2-01-2004. Consultado o 03-03-2019. 
  8. "El periodista Lois Caeiro, galardonado con el XX Premio Diego Bernal". europapress.es. 04-12-2014.