Luis Rodríguez Ennes

xurista e catedrático galego

Luis Rodríguez Ennes, nado na Coruña o 9 de marzo de 1946, é un xurista galego, catedrático de Dereito Romano e Sistemas Xurídicos Comparados na Facultade de Dereito de Ourense (Universidade de Vigo). Dende febreiro de 2017 segue en activo nesta universidade como profesor emérito.

Modelo:BiografíaLuis Rodríguez Ennes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Decano
Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXurista e mestre
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1162331 BUSC: rodriguez-ennes-luis-1946 Dialnet: 45322

Biografía

editar

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, centro no que tamén obtivo o título de doutor en Dereito co número 1 do Premio Extraordinario, en 1975, coa tese La adopción: bases para una reforma de la normativa vigente en España a partir de la experiencia histórica y del Derecho comparado. Foi Premio Nacional de Fin de Carreira ó mellor expediente académico.[1]

Foi bolseiro de investigación do Ministerio de Educación e do British Council. Ampliou estudos en universidades de toda Europa.

Exerceu diversos cargos académicos, ocupando praza de profesor axudante, adxunto, agregado e titular até obter, por unanimidade, a cátedra de Dereito Romano; todo iso en función dos oportunos concursos.

Na Universidade de Santiago de Compostela exerceu o cargo de vicedecano da Facultade de Dereito, vicepresidente do Claustro Universitario e secretario xeral da universidade. Dende 1979 até 1981 foi secretario xeral do centro rexional da Universidade Nacional de Eduación a Distancia de Pontevedra, a cuxa organización e consolidación contribuíu de xeito decisivo, pero renunciou a este cargo para dedicarse en exclusiva á docencia e investigación.

Na Universidade de Vigo exerceu como asesor xurídico, vicepresidente do Claustro, presidente da comisión que redactou os primeiros estatutos da Universidade, e tamén como decano da Facultade de Dereito de Ourense.

  1. Gran Enciclopedia Galega. ISBN 84-87804-41-1. (obra completa) ISBN 84-87804-26-8