Luis Planas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2019.) |
Luis Planas Puchades, nado en Valencia o 20 de novembro de 1952,[1] é un político español, membro do PSOE e actual ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España.
Traxectoria
editarÉ licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia e premio Extraordinario de Licenciatura. É Inspector de Traballo e da Seguridade Social. En 1980 ingresa por oposición á Inspección de Traballo e é destinado a Córdoba.
Entre 1982 e 1986 foi deputado por Córdoba no Congreso dos Deputados e entre 1986 e 1993, deputado no Parlamento Europeo. Foi tamén conselleiro de Agricultura e Pesca (1993-1994) e conselleiro de Presidencia (1994-1996) da Xunta de Andalucía. En 1996 foi senador designado polo Parlamento de Andalucía.
Entre 2004 e 2010 foi embaixador de España en Marrocos, e entre 2010 e 2011, embaixador de España ante a Unión Europea. Posteriormente volveu a ocupar o posto de conselleiro de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente da Xunta de Andalucía (2012-2013). Entre 2014 e 2018 foi o secretario xeral do Comité Económico e Social da Unión Europea.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do goberno de Pedro Sánchez,[2] despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Notas
editar- ↑ "Ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación". mapa.gob.es (en castelán). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ "Real Decreto 357/2018, de 6 de junio, por el que se nombran Ministros del Gobierno". boe.es (en castelán). 7 de xuño de 2023. Consultado o 18 de abril de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Planas |