Luis María Linde

Economista español

Luís María Linde de Castro, nado o 15 de maio de 1945 en Madrid, é un economista do Estado español que, entre outros cargos, foi gobernador do Banco de España entre 2012 e 2018.

Infotaula de personaLuis María Linde

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lista de gobernadores do Banco de España
11 de xuño de 2012 – 11 de xuño de 2018
← Miguel Ángel Fernández Ordóñez (pt) TraducirPablo Hernández de Cos → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 328489

Traxectoria editar

Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid e con 24 anos conseguiu un posto de funcionario do Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado como número un da súa promoción.[1]

Entre 1971 e 1973 foi xefe da Oficina de Balanza de Pagos no Ministerio de Comercio. Foi conselleiro comercial da embaixada de España na URSS entre 1974 e 1978 e secretario xeral técnico do Ministerio de Economía entre 1978 e 1982.[2] En 1983, foi nomeado subdirector xeral e xefe de Operacións Exteriores do Banco de España e, en 1987, director xeral do Departamento Estranxeiro.[3] En 1989, foi unha das poucas persoas en coñecer cando exactamente a peseta ía pasar formar parte do Sistema Monetario Europeo, operación delicada posto que calquera filtración aos mercados ou á prensa poderían estragar-la estratexia deseñada.[4]

En 1996, na súa publicación Los mercados de divisas: virtualidad del SME y posibilidades de la moneda única europea consideraba que «a implantación da moeda única -euro- formula problemas técnicos, legais e políticos, e non é completamente seguro que finalmente se leve a cabo na forma prevista no Tratado de Maastricht».[5] Entre 2005 e 2008 foi director executivo por España no Banco Interamericano de Desenvolvemento.[3]

O 25 de maio de 2012 substituíu a Vicente Salgas como conselleiro do Banco de España e, uns días despois, o 7 de xuño, foi nomeado Gobernador do Banco de España trala dimisión de Miguel Ángel Fernández Ordóñez.[2][6] Finalmente, tomou posesión do seu cargo o 11 de xuño.[7] Entre os outros candidatos que se barallaban estaban José Manuel González-Páramo e Fernando Becker.[3] O seu nomeamento produciuse dous días antes de que España solicitara o rescate europeo e durante a súa etapa, o Bando de España, recibiu críticas pola súa actuación respecto da crise bancaria. Así a todo, mantivo unha postura neutral sobre a política económica do momento.[8]

Debido a que Linde cumpría 70 anos a metade do seu mandato en maio de 2015 e a Lei de Autonomía do Banco de España fixaba como causa de cesamento o cumprimento de setenta anos de idade, o Goberno decidiu suprimir ese apartado e aproveitou para elimina-la necesidade de que o mandato de gobernador e subgobernador fóra simultáneo polo que xa o cesamento do gobernador non necesariamente implicaba o do subgobernador.[9][10]

Obra editar

Recoñecementos editar

  • Medalla de ouro de comercio da URSS[12]
  • Encomenda ao Mérito Civil (1978)[12]

Outras actividades editar

Organizacións internacionais

  • Fondo Monetario Internacional (FMI), membro suplente ex oficio da Xunta de Gobernadores (2012-2018)

Organizaciones sen fins de lucro

Xuntas corporativas

  • Asesor do Consello de Administración da Compañía Española de Crédito á Exportación (CESCE) (2009-2011)


Predecesor:
Miguel Ángel Fernández Ordóñez
 Gobernador do Banco de España 
11 de xuño 2012 - 11 de xuño 2018
Sucesor:
Pablo Hernández de Cos

Notas editar

  1. Noceda, Miguel Ángel (7 de xuño de 2012). "Linde, medio mandato para cumplir una ilusión frustrada". elpais.com (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Barrón, Íñigo de (7 de xuño de 2012). "Luis María Linde, nombrado nuevo gobernador del Banco de España". elpais.com (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Barrón, Íñigo de (3-6-2012). "Un gobernador que sea capaz de cambiar una rueda con el coche en marcha". elpais.com (en castelán). Consultado o 20-8-2019. 
  4. Martín del Pozo, Concha (25-6-1989). "El secreto de la pirámide". elpais.com (en castelán). Consultado o 20-8-2019. 
  5. "Un director general del Banco de España duda del euro fijado en Maastricht". El País (en castelán). 29 de xaneiro de 1996. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  6. "El Ejecutivo nombra a Linde como consejero del Banco de España". elpais.com (en castelán). 25 de maio de 2012. Consultado o 20-8-2019. 
  7. "El Rey felicita a Guindos y a Rajoy por el rescate europeo a la banca española". elpais.com (en castelán). 11 de xuño de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  8. Toyer, Julien (28 de maio de 2018). "Spain names Hernandez de Cos as new central bank chief". reuters.com (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  9. "Ley 13/1994, de 1 de junio, de Autonomía del Banco de España.". boe.es (en castelán). Artículo 25. Renovación y cese de los órganos rectores. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  10. Barrón, Íñigo de (7 de setembro de 2012). "Linde seguirá de gobernador del Banco de España hasta los 73 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  11. Alemany, Luis (7 de novembro de 2011). "Odiosa corrección". El Mundo (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  12. 12,0 12,1 "Luis María Linde". El País (en castelán). 2 de maio de 1978. Consultado o 20 de agosto de 209. 
  13. "Informe anual 2017 (9. Órganos de gobierno y gestión)" (PDF). Fundación Princesa de Asturias (en castelán). 2017. p. 92. Consultado o 20 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar