Luís García Mañá

policía e escritor galego
(Redirección desde «Luis Manuel García Mañá»)

Luís Manuel García Mañá, nado en Ourense o 19 de outubro de 1950, é un policía, escritor e político galego.

Infotaula de personaLuís García Mañá

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoensaio, narrativa
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 3177

Traxectoria editar

É licenciado en Dereito, cursou estudos de Maxisterio, Tocoloxía Forense e Antropoloxía Cultural.[1] Foi Comisario Xefe de Policía en Madrid, Vigo e Ourense, e desde 2004 exerce a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia.[2] Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Pedrayo, do PEN Clube de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín.[3]

Realizou un importante labor no rescate e difusión da historia do Couto Mixto con obras como La Frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense (1988), Miño: ¿existiu unha fronteira?: apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos (1993) e Couto Mixto: unha república esquecida (2000 e 2005).[4]

Colaborou en Boletín Auriense, Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, Eixo Atlántico, Lingua Viva, Tempo Exterior, La Voz de Galicia, La Región e Faro de Vigo. Participou coa reconstrución fisionómica de Manuel Blanco Romasanta no libro O home do unto. Manuel Blanco Romasanta (1991) e no estudo La droga en la población escolar no universitaria.

Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado polo PSOE pola provincia de Ourense e foi elixido senador.

É o primeiro presidente da Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto.

Obra en galego editar

Ensaio editar

Narrativa editar

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense (1986). La Voz de Galicia.
  • La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense (1988). Boletín Auriense.
  • Las boticas de Vigo y el arte del oficio (1998). Vigo. 29 páxs. Discurso de ingreso.
  • Reflexiones y experiencias de un jefe de policía (2013). Reus.

Premios editar


Predecesor:
---
 
Presidente da Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas editar

  1. "Luis Manuel García Mañá Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-05-19. 
  2. Mato, Salustiano (11 de setembro de 2011). "Luís García Mañá, el hombre que piensa rápido". elpais.com (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2023. 
  3. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-19. 
  4. "Luís Manuel García Mañá". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-19. 
  5. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-19. 
  6. "El fuego de San Antonio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-29. 
  7. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-19. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-19. 
  9. "In articulo mortis". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-01. 
  10. "Fernández del Riego, Mañá e García Rivero, xuíces de honra do Couto Mixto". 19/08/2001. Consultado o 07/05/2023. 
  11. "García Mañá, R e os Xulgados de Lalín obtiveron o Premio Peña Novo". 02/06/2006. Consultado o 07/05/2023. 
  12. "O pleno de Calvos de Randín nomea a Luis García Mañá fillo adoptivo polo seu apoio ao Couto Mixto". 30/12/2007. Consultado o 07/05/2023. 
  13. "Nomeamento de Luís García Mañá como fillo adoptivo de Calvos de Randin". Galeguizar Galicia. Consultado o 07/05/2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar