Luís Losada Espinosa

xornalista galego
(Redirixido desde "Luis Losada Espinosa")

Luís Losada Espinosa, nado en Moldes, Boborás en 1928 e finado en Madrid o 23 de novembro de 1988, foi un xornalista galego.[1]

Luís Losada Espinosa
Nacemento1928
 Moldes, Boborás
Falecemento23 de novembro de 1988
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
PaiAntón Losada Diéguez
IrmánsJoaquín Losada Espinosa e Antón Losada Espinosa
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Pazo de Moldes.

Neto de Miguel Losada Losada, sexto fillo de Antón Losada Diéguez (quinto da segunda muller, Mercedes Espinosa Cervela) e irmán pequeno de Xoaquín Losada Espinosa,[2] licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela e estudou na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Traballou para ABC e Blanco y Negro ata 1966, cando reguesou a Galicia para dirixir o Diario de Pontevedra. En 1969 regresou a Madrid como redactor xefe de Blanco y Negro. En RTVE desempeñou o posto de director da segunda edición do telediario 24 Horas e do programa semanal Crónica de siete días. En febreiro de 1985 foi nomeado director da Compañía de Radio e Televisión de Galicia.

Dende o ano 2009 a súa biblioteca personal está depositada en comodato na Biblioteca de Galicia.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar