Luis Lamas Novo
político español
Luis Alberto Lamas Novo, nado en Lugo o 3 de xullo de 1971, é un avogado e político galego do PPdeG.
Luis Lamas Novo | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1971 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña (1994) e máster en Prevención de Riscos Laborais pola Universidade Politécnica de Cataluña (2004). Foi Presidente de Novas Xeracións na provincia de Lugo (1992-2002), concelleiro no Concello de Lugo (1995-2003) e Vicesecretario Provincial do PP en Lugo (2003-2006). Foi profesor da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo dende 1998 e asesor xurídico da Mutua Galega en Lugo e Castela León (2002). O 18 de maio de 2009 foi nomeado presidente de Sogama e desempeñou ademais a subdirección do centro.