O luge (pronunciado en inglés /luːʒ/) é un deporte olímpico de inverno que xunto ao bobsleigh e ao skeleton representan distintas modalidades de descenso en zorra. Luge é unha palabra francesa que significa zorra lixeira.

Luge artifical
Luge natural
Yekaterina Lavrentjewa nunha pista de luge natural

Historia editar

 
Zorras nos Alpes suízos, 1890-1910

Aínda que as carreiras de zorras son moi antigas e delas atópanse crónicas en documentos de hai varios séculos en países como Noruega, o luge como deporte organizado e sometido a regras aparece a finais do século XIX. A primeira competición internacional tivo lugar na cidade suíza de Davos en 1883, onde se reuniron participantes de sete países.

Características editar

 
Luge artifical

A zorra que se usa no luge é un pequeno armazón, na súa orixe de madeira, actualmente de metal, provisto duns patíns afiados na base. A zorra non ten freos nin temón; o piloto controla a baixada do luge e os cambios de dirección mediante unhas bridas unidas á parte dianteira, así como basculando o peso do seu propio corpo.

O piloto vai tombado boca arriba cos pés por diante e a cabeza atrás, a diferenza do skeleton, no que se sitúa boca abaixo e mirando cara a adiante. A diferenza do bobsleigh, a saída efectúase co piloto xa colocado na zorra, e, polo tanto, a saída é máis lenta pois non pode coller tanta propulsión ao impulsarse cos brazos e non coas pernas.

O peso máximo autorizado da zorra é de 23 kg no individual e 27 no de parellas. Respecto ao peso dos tripulantes, a regulamentación trata de equilibrar as diferenzas entre os participantes, e así, á parte de establecerse un peso máximo para cada un, permítese aos que estean por baixo dese peso que se engadan quilos artificialmente e desta maneira todos teñan aproximadamente o mesmo peso e as mesmas oportunidades.

O luge ten dúas modalidades, a individual e a de parellas, tanto en categoría masculina como feminina. Na individual dispútanse catro roldas e a de parellas só dúas, sumándose os tempos e gañando o que totalice menos tempo en total. A igualdade entre os participantes obriga a medir o tempo con absoluta precisión, até as milésimas.

Os primeiros campionatos do mundo de luge celebráronse en Oslo en 1955 e a Federación Internacional de Luge[1] fundouse en 1957 tras separarse da de bobsleigh. Foi incluído como deporte olímpico nos Xogos de Innsbruck de 1964 tanto en categoría masculina como feminina e desde entón sempre estivo presente no programa dos Xogos.

O luge segue sendo un deporte moi pouco accesible debido á falta de instalacións, que son moi caras de manter. Isto fixo que só un reducido grupo de países sexan a elite deste deporte. Estes países son especialmente Alemaña, Austria, Italia e Rusia, que adoitan repartirse as medallas nas competicións importantes.

Notas editar

  1. "International Luge Federation". Fil-luge.org. Consultado o 2011-11-25. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar