Luci Tapahonso
Luci Tapahonso, nada en Shiprock, Novo México o 8 de novembro de 1953,[1][2] é unha poetisa navajo e profesora de estudos amerindios. É a primeira poeta laureada da Nación Navajo, sendo sucedida por Laura Tohe.[3][4]
Luci Tapahonso | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de novembro de 1953 |
Shiprock | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo navajo |
Alma máter | Shiprock High School |
Ocupación | escritora e escritora de literatura infantil |
Na rede | |
http://www.lucitapahonso.com | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nada na reserva Navajo en Shiprock, Novo México filla de Eugene Tapahonso Sr. (Tódichʼíinii ou clan Auga Amarga) e Lucille Deschenne Tapahonso (Áshįįhí ou clan Auga Salgada),[1] Luci Tapahonso foi educada na maneira tradicional con 11 irmáns. Na granxa familiar non falaban inglés e Tapahonso aprendeuna como segunda lingua, sendo a súa lingua materna o navajo.[5] Estudou na Escola Metodista Navajo en Farmington, Novo México,[6] e despois na Shiprock High School e graduouse en 1971. Embarcouse nunha carreira como xornalista e reporteira de investigación antes de comezar os seus estudos na Universidade de Novo México en 1976.[5] Alí coñeceu á novelista e poeta Leslie Marmon Silko, quen era membro da facultade e que foi unha influencia importante nos primeiros escritos de Tapahonso. Ela tiña previsto inicialmente estudar xornalismo en Novo México, mais Silko convenceuna de cambiar a súa orientación cara a escritura creativa. Obtivo a súa licenciatura en 1980.[7] En 1983, Tapahonso obtivo o seu máster en escritura creativa,[8] e ensinou en Novo México, máis tarde na Universidade de Kansas e na Universidade de Arizona.[6][7]
EscritosEditar
Silko axudou a Tapahonso a publicar a súa primeira historia, "The Snake Man", en 1978.[7] A súa primeira colección de poesía, One More Shiprock Night (escrita cando aínda estana en pregrao), foi publicada en 1981, pero non tivo demasiado impacto.[5] Seguindo o exemplo de Silko, o primeiro traballo de Tapahonso é místico e pon moita importancia na idea da feminidade como fonte de poder e equilibrio no mundo. Tamén emprega con frecuencia os seus familiares e amigos da infancia na súa poesía. Publicou diversas coleccións máis como One more Shiprock night (1981), Seasonal woman (1982), A breeze swept through (1989) e Navajo ABC: a Dine alphabet book (1995), así como moitos poemas individuais foron recollidos en antoloxías, noutras coleccións, literatura activista e en revistas como Diné Be Iina.[7]
A súa colección de 1993 Saánii Dahataal (the women are singing), escrita en navajo e inglés, foi a primeira en conseguir repercusión internacional, unha reputación consolidada posteriormente con Blue horses in rush (1997).[7]
Os escritos de Tapahonso, a diferenza dos da maioría dos escritores amerindios, son unha tradución da obra orixinal que creou na súa lingua nativa. O seu traballo navajo inclúe cancións orixinais e cantos deseñados para exhibición. Por este motivo, o seu traballo inglés é fortemente rítmico e emprega estruturas sintácticas habituais na poesía en inglés.[5]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Tillett, Rebecca (1 de agosto de 2001). "Luci Tapahonso". The Literary Encyclopedia. Consultado o 14 de maio de 2014.
- ↑ Library of Congress (ed.). "Tapahonso, Luci 1953-". lccn.loc.gov. Consultado o 14 de maio de 2014.
- ↑ "Luci Tapahonso Named as Navajo Nation's First Poet Laureate". Indian Country Today Media Network. 30 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2013. Consultado o 14 de maio de 2014.
- ↑ White, Kaila (25 de setembro de 2015). "ASU professor Laura Tohe named Navajo Nation’s second poet laureate". The Arizona Republic. Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Sonneborn, Liz (2007). A to Z of American Indian Women. A to Z of Women. Facts on File. ISBN 978-0816066940.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Dunaway, David King; Sara Spurgeon (2003). Writing the Southwest. University of New Mexico Press. ISBN 978-0826323378.
- ↑ Velie, Alan R.; Jennifer McClinton-Temple (2007). Encyclopedia of American Indian Literature. Encyclopedia of American Ethnic Literature. Facts on File. ISBN 978-0816056569.