Luca della Robbia

artista italiano

Luca della Robbia, nado en Florencia en 1400 e finado na mesma cidade no ano 1482, foi un escultor e ceramista italiano, famoso polas súas obras en terracota.

Luca della Robbia
Nacementoxullo de 1399
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento20 de febreiro de 1482 e 10 de febreiro de 1482
Lugar de falecementoFlorencia
NacionalidadeRepública de Florencia
Ocupaciónescultor e ceramista
IrmánsMarco della Robbia
Coñecido porCantoria by Luca della Robbia e Cantoria by Donatello
editar datos en Wikidata ]
Retrato idealizado de Luca della Robbia na edición de 1568 de Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori de Giorgio Vasari.

Desenvolveu un esmalte cerámico que facía que as súas obras tivesen unha maior durabilidade no ar libre, facendo así posíbel o uso de cerámica na decoración exterior de edificios. A súa obra caracterízase polo seu feitizo, fronte ao dramatismo tan frecuente nos seus contemporáneos. Dúas das súas obras máis famosas son A Natividade (c. 1460) e a Virxe co Neno (c. 1475). Foi o primeiro dunha dinastía de importantes ceramistas: Andrea della Robbia (sobriño seu) e Giovanni della Robbia (resobriño seu, fillo de Andrea).

Della Robbia foi gabado polo seu compatriota Leon Battista Alberti como un xenio comparábel aos escultores Donatello e Lorenzo Ghiberti, ao arquitecto Filippo Brunelleschi e ao pintor Masaccio. Para xustificar este emparellamento de della Robbia con artistas contemporáneos desta categoría, Alberti reivindicaba o interese e a forza das súas obras en mármore e bronce, así como as súas obras en terracota, sempre asociadas ao seu nome.

Galería editar

Ligazóns externas editar