Luca Vildoza
baloncestista arxentino
Luca Vildoza, nado o 11 de agosto de 1995 en Quilmes, Buenos Aires, é un xogador profesional de baloncesto arxentino con pasaporte italiano. Cunha estatura de 1,91 metros xoga nas posicións de base e escolta.
Axente libre | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 11 de agosto de 1995 (29 anos) Quilmes, Buenos Aires |
Nacionalidade | Arxentina Italia |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 86 kg (190 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2017 / Elección: Sen draftear |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Quilmes (2012–2016) Baskonia (2016–2021) → Quilmes (2016–2017) Milwaukee Bucks (2022) Crvena zvezda (2022–2023) |
Traxectoria
editarO 16 de agosto de 2016, Vildoza asinou un contrato por catro tempadas polo Saski Baskonia da Liga ACB.[1] A primeira tempada quedou cedido no Quilmes.
O 6 de maio de 2021, Vildoza acordou un contrato por catro anos cos New York Knicks da NBA,[2] pero foi cortado o 3 de outubro de 2021 tras participar en dous partidos da Liga de Verán cos Knicks.[3]
O 6 de abril de 2022, Vildoza asinou cos Milwaukee Bucks da [[National Basketball Association] (NBA).[4][5] O 22 de abril de 2022, Vildoza debutou na NBA contra os Chicago Bulls.[6]
Notas
editar- ↑ Luca Vildoza, nuevo jugador de Laboral Kutxa Baskonia
- ↑ "Knicks Sign Luca Vildoza". NBA.com. 6 de maio de 2021. Consultado o 7 de maio de 2021.
- ↑ "Knicks Waive Luca Vildoza". NBA.com. 3 de outubro de 2021. Consultado o 3 de outubro de 2021.
- ↑ "Milwaukee Bucks Sign Luca Vildoza". NBA.com. 6 de abril de 2022. Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ Wojnarowski, Adrian (4 de abril de 2022). "Guard Luca Vildoza expected to sign with Milwaukee Bucks, sources say". ESPN.com. Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ "Game 3 Rapid Recap". BrewHoop.com. 22 de abril de 2022. Consultado o 22 de abril de 2022.