Luís de Sá Bravo

mestre e político galego
(Redirección desde «Luís de Saa Bravo»)

Luís de Sá Bravo, nado en Pontevedra o 29 de decembro de 1909, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaLuís de Sá Bravo
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1909 Editar o valor em Wikidata (114 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsHipólito de Sá Bravo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Irmán de Hipólito de Sá Bravo. Estudou maxisterio en Pontevedra e foi presidente da FUE, rematando en 1932.[1] O seu primeiro destino como mestre foi a escola do pósito da Illa de Arousa. Foi nomeado ministro de Cultura da República Federal da Illa de Arousa o 7 de outubro de 1934. Militou nas agrupacións socialistas de Pontevedra e Vilagarcía e foi vicesecretario da Federación de Colectividades Socialistas de Pontevedra e líder das Juventudes Unificadas. Participou e varios mitins da campaña electoral de febreiro de 1936 e no multitudinario mitin do primeiro de maio de 1936 na praza de touros de Pontevedra. Firme defensor do Estatuto de Autonomía de Galicia polo que fixo unha activa campaña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse ata o mes de xuño de 1939 en que se presentou ás autoridades. Ingresou na prisión de Pontevedra o 15 de xuño. Xulgado en consello de guerra o 26 de febreiro de 1940 foi condenado o 21 de marzo a 12 anos de reclusión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.[2] Saíu en prisión atenuada o 17 de outubro dese ano. Suspendido como mestre en setembro de 1936, foi separado do servizo con baixa no posto.[3] Exerceu a docencia no Colexio León XIII de Vilagarcía. Rehabilitado posteriormente, reingresou no corpo e foi mestre en Noia,[4] Xanceda e Cambados nos anos sesenta.[5]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego18-6-1932, p. 3.
  2. BOE, 12-3-1940, p. 1325.
  3. BOE, 11-5-1940.
  4. La Voz de Galicia, 25-4-1963, p. 4.
  5. La Voz de Galicia, 28-6-1967, p. 10.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar