Luís de Évreux
Luís de Évreux, tamén coñecido como Luís de Francia e como Luís I de Évreux, nado o 3 de maio de 1276 e finado o 19 de maio de 1319 en Longpont-sur-Orge, Illa de Francia, foi o primeiro conde de Évreux e señor de Étampes.
Luís de Évreux | |
---|---|
Conde de Évreux Señor de Étampes | |
Estatua de Luís de Évreux na Basílica de Saint-Denis Procedente da Igrexa dos xacobinos de París | |
Conde de Évreux | |
6 de outubro de 1298 – 19 de maio de 1319 | |
Predecesor | Título novo |
Sucesor | Filipe de Évreux |
Señor de Étampes | |
6 de outubro de 1298 – 19 de maio de 1319 | |
Predecesor | Título novo |
Sucesor | Carlos de Étampes |
Nome completo | Louis d'Évreux |
Nacemento | 3 de maio de 1276 |
Falecemento | 19 de maio de 1319 Longpont-sur-Orge, Illa de Francia |
Sepultura | Catedral de Pamplona |
Consorte | Margarida de Artois |
Descendencia | Véxase Descendencia |
Casa real | Capetos |
Proxenitores | Filipe III de Francia María de Brabante |
![]() Escudo de armas de Luís I de Évreux | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Fillo do rei de Francia Filipe III o Atrevido (1245-1285) e de María de Brabante (1254-1321),[1] foi un príncipe real da dinastía dos Capetos.
TraxectoriaEditar
Luís foi educado cos seus irmáns e as súas irmás no castelo de Vincennes e no Palacio do Louvre. Non tiña mái que nove anos cando o seu pai Filipe III morreu subitamente de regreso da desastrosa Cruzada de Aragón. No seu testamento, o rei estableceu para Luís unha pensión anual e perpetua de 15.000 libras.
En 1297 o seu medio irmán, o rei Filipe IV o Fermoso cedeulle o señorío de Beaumont-le-Roger. Así mesmo, en 1298 (ou en 1300, segundo a fontes) concedeulle o título e conde de Évreux, e tamén lle asignou o condado de Longueville, que confiscara a Enguerrand de Marigny.
Luís de Évreux foi un personaxe discreto, destacando sobre todo polas súas calidades de diplomático. A súa influencia política real é dificilmente avaliábel. Unha das súas máis importantes misións diplomáticass foi o seu papel de negociador do tratado de Athis-sur-Orge, que puxo o fin á guerra de Flandres,[2] conflito armado que opuxo o condado de Flandres ao reino de Francia de Filipe IV de 1297 a 1305.
A diferenza de moitos dos seus contemporáneos, era un príncipe comprometido coa paz. Para el, un señor de sangue non é verdadeiramente "grande máis que na proporción en que se somete a Deus, ao soberano e ás leis".[3] Defendeu firmemente o dereito do Estado contra a Igrexa e axudou o seu irmán Filipe IV o Femoso na súa loita contra Bonifacio VIII. E, en 1314, opúxose a unha nova guerra contra os flamengos e empuxou o seu irmán á negociación, o que conduciu á "Convención de Marquette", que permitiu salvagardar a paz entre Francia e Flandres.
O 6 de outubro de 1298 o seu irmán Filipe IV cedeulle en apanaxe o Condado de Evreux, talvez para resolver as súas dificultades financeiras. Ao mesmo tempo recibiu os señoríos de Étampes, de Meulan, de Gien, de Aubigny e outros.
En 1308 o seu nome foi uns dos propostos como candidato do Reino de Francia ao trono do Sacro Imperio Romano Xermánico.
En 1316, á morte de Luís X de Francia e I de Navarra, Luís e Évreux uniuse ao seu sobriño Filipe, conde de Poitiers, na súa loita para obter a rexencia.[4] [5] Filipe, convertido en rei baixo o nome de Filipe V, recompensou o seu tío erixindo o conde de Évreux en Par de Francia. Así mesmo, o conde de Evreux converteuse en conselleiro escoitado polo xove soberano.
En 1317 Luís tivo importantes diferenzas co seu irmán Carlos de Valois. En efecto, o de Évreux obtivera o prestixioso compromiso de matrimonio dunha das súas fillas co neto do conde Roberto III de Flandres, Luís de Crecy. Pero este proxecto foi abandonado despois da rebelión do pai deste último, Luís I de Nevers. Valois aproveitou a oportunidade para obter a promesa dunha unión entre Luís e unha das súas propias fillas. Filipe V interveu para pechar o camiño ao seu tío Valois, e finalmente Nevers casou con Margarida, a segunda filla do rei de Francia.[6] Finalmente, co fin de apazugar o conde de Évreux, o rei acordou pedir para o seu fillo Filipe a man da pequena Xoana de Navarra, filla do defunto Luís X e eventual pretendente á coroa de Francia.[7] Desta última unión nacería Carlos II o Malo.
Desexando "deixar o mundo", o conde de Évreux organizou a división dos seus bens entre os seus fillos no verán de 1318, e retirose á Abadía de Notre-Dame de Longpont. Non permaneceu alí máis que uns poucos meses, xa que morreu repentinamente, á idade de 43 anos, o 19 de maio de 1319. O seu corpo foi enterrado na igrexa do convento dos xacobinos en París,[8] xunto á súa esposa Margarida de Artois, mentres que o seu corazón se depositou na igrexa dos Cordeliers da mesma cidade.[9]
Matrimonio e descendenciaEditar
Luís de Évreux casou en 1301 con Margarida de Artois (c. 1285-1311), filla de Filipe de Artois e de Branca da Bretaña. O matrimonio tivo os seguintes fillos:
- María (1303-1335), casada contra 1314 con Xoán III de Brabante (1300-1355).
- Filipe (1305-1343), conde de Évreux e rei de Navarra polo seu matrimonio coa súa pequena prima Xoana II de Navarra.
- Carlos (1306-1336), conde de Étampes.
- Margarida (c. 1307-1350), casada en 1325 con Guillerme XII de Auvernia (c. 1300-1332).
- Xoana (antes de 1310-1371), casada en 1324 con Carlos IV (c. 1295-1328), rei de Francia.
Luís tivo tamén un fillo natural, Xoán, barón de Polissac.
Luís de Évreux deu orixe á casa capetiana Casa de Évreux, ou de Évreux-Navarra.
Antepasados de Luís de ÉvreuxEditar
16. Filipe II de Francia | ||||||||||||||||
8. Luís VIII de Francia | ||||||||||||||||
17. Isabel de Hainaut | ||||||||||||||||
4. Luís IX de Francia | ||||||||||||||||
18. Afonso VIII de Castela | ||||||||||||||||
9. Branca de Castela | ||||||||||||||||
19. Leonor Plantagenet | ||||||||||||||||
2. Filipe III de Francia | ||||||||||||||||
20. Afonso II de Provenza | ||||||||||||||||
10. Ramón Berenger V de Provenza | ||||||||||||||||
21. Garsenda de Sabran | ||||||||||||||||
5. Margarida de Provenza | ||||||||||||||||
22. Tomé I de Savoia | ||||||||||||||||
11. Beatriz de Savoia | ||||||||||||||||
23. Margarida de Xenebra | ||||||||||||||||
1. Luís de Evreux, conde de Évreux | ||||||||||||||||
24. Henrique I de Brabante | ||||||||||||||||
12. Henrique II de Brabante | ||||||||||||||||
25. Matilde de Boulogne | ||||||||||||||||
6. Henrique III de Brabante | ||||||||||||||||
26. Filipe de Suabia | ||||||||||||||||
13. María de Suabia | ||||||||||||||||
27. Irene Anxo | ||||||||||||||||
3. María de Brabante | ||||||||||||||||
28. Odón III de Borgoña | ||||||||||||||||
14. Hugo IV de Borgoña | ||||||||||||||||
29. Alicia de Vergy | ||||||||||||||||
7. Adelaida de Borgoña | ||||||||||||||||
30. Roberto III de Dreux | ||||||||||||||||
15. Iolanda de Dreux | ||||||||||||||||
31. Aénor de Saint-Valery | ||||||||||||||||
Predecesor: - |
Conde de Évreux 6 de outubro de 1298 - 19 de maio de 1319 |
Sucesor: Filipe I |
Predecesor: - |
Señor de Étampes 6 de outubro de 1298 - 19 de maio de 1319 |
Sucesor: Carlos de Étampes |
NotasEditar
- ↑ Louda, Jiri; Maclagan, Michael e Harmiges, Roger (1995): Les Dynasties d'Europe. Paris: Bordas. ISBN 2-0402-7115-5, táboa 65, p. 128.
- ↑ Non confundir coa guerra dos oitenta anos ou guerra de Flandres, guerra de secesión entre os actuais estados dos Países Baixos e España, iniciada en 1568 e que finalizou en 1648, co recoñecemento da independencia das sete Provincias Unidas.
- ↑ Un prince capétien illustre moine de Longpont (en francés).
- ↑ Petit 1900, p. 176.
- ↑ Posteriormente este Filipe foi o rei Filipe V de Francia e II de Navarra.
- ↑ Annuaire-bulletin de la Société de l'histoire de France, Volumen 2. Librairie Renouard, 1864.
- ↑ Petit 1900, p. 177.
- ↑ Xacobinos (jacobins) é o nome que se dá en Francia aos dominicos, por estar o seu Convento en París na rue Saint-Jacques.
- ↑ Hellot, Amédée, ed. (1884): Chronique parisienne anonyme du XIVe siècle. Nogent-le-Rotrou, Eure e Loir: Impr. de Daupeley-Gouverneur, pp. 39-40.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís de Évreux |
BibliografíaEditar
- Favier, Jean (1998): Philippe le Bel. París: Fayard. ISBN 978-2-2136-0095-6.
- Petit, Jean (1900): Charles de Valois. París: Alphonse Picard et fils, éditeurs.